Un libro aborda a estreita relación entre Carmen Martín Gaite e Galicia

O ourensán David González Couso é o autor desta obra.
Xornal.com - clásica 17/04/2008 - 12:44 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Allariz.- O próximo 26 de abril ás 20.30 h, celebrarase unha homenaxe literario-musical á figura de Carmen Martín Gaite na Casa da Cultura do Concello de Allariz. No acto terá lugar a presentación da obra Los Perfiles Gallegos de Carmen Martín Gaite, do filólogo ourensán David González Couso. Trátase dun detallado estudo que reflicte a estreita relación existente entre a produción literaria desta recoñecida autora e a súa vinculación con Ourense.

Teresa Devesa, concelleira de cultura do Concello de Allariz, será a encargada de presentar esta homenaxe, na que tamén participará Ana María Martín Gaite, irmá de Carmen, quen escribiu o epílogo do libro citado. Asistirán, ademáis, o autor, David González Couso, quen explicará cal foi a orixe do seu libro, e Mauricio Rodriguez, director de Publicaciones Procompal, editorial que publica esta obra e que está especializada na didáctica e difusión do coñecemento científico.

Desta forma, réndese unha merecida homenaxe á escritora salmantina, quen reflectiu en parte dos seus textos a especial relación que a unía a Galicia. Carmen Martín Gaite tiña alma galega, porque a súa nai era ourensá e ela pasou gran parte das súas vacacións infantís na aldea de San Lourenzo de Piñor, como expón na súa autobiografía: “en verano íbamos puntualmente a veranear durante dos o tres meses al pueblo de San Lorenzo de Piñor, a cinco kilómetros de Orense… Las temporadas pasadas allí fueron definitivas para mi vinculación con Galicia, que siempre he considerado como mi segunda patria. Aprendí el dialecto de la región y muchas canciones populares, me volví in¬dómita y poco melindrosa, trepé a los árboles y a las peñas, robé fruta, me monté en carros de heno de ruedas chirriantes y tirados por bueyes, me hice amiga de los niños de la aldea, asistí a pro¬cesiones y romerías, y —ya un poco mayor— allí aprendí a bailar, tuve mis primeros escarceos amorosos y escribí mis primeros versos”.

Como peche celebrarase un recital musical no que don José Teruel Benavente, profesor de Literatura española da UAM, leerá fragmentos da obra de Carmen Martín Gaite, acompañado de Laura González (piano) e Clara Jensen (soprano).

Os perfís galegos de Carmen Martín Gaite

Neste libro analízanse as referencias á paisaxe galega que Carmen Martín Gaite realizou nalgúns dos seus textos. En palabras de Ana María, irmá da autora e quen escribiu o epílogo desta obra: “Galicia ha influido profundamente en nuestras vidas. Nos ha hecho considerar que lo importante es ir despacio, mirando, analizando lo que vemos, lo que sentimos, lo que abarcamos al mirar. Nos ha inculcado la paciencia, el estudio, el amor por el trabajo bien hecho, la ambición por el saber, el culto de la amistad, el poso de la conversación inteligente y, sobre todas las cosas, el deseo constante de libertad.”

Los Perfiles Gallegos de Carmen Martín Gaite ofrece unha completa introdución que reflicte a profunda unión entre Carmen Martín Gaite e Galicia, así como a recreación literaria da paisaxe da aldea ourensá de San Lourenzo de Piñor, a través de dous textos menos estudados pola crítica: Las ataduras (1959) y El Pastel del diablo (1985). A obra analiza as estruturas narrativas destes textos, e o diálogo intratextual entre ambos, centrándose tambén na relación da personaxe co contorno. En definitiva e como sinala o seu autor, este libro proporciona ao lector, “un mejor entendimiento de la obra narrativa de una autora versátil, cuya lectura sigue suscitando reflexiones en la actualidad”.

O autor

David González Couso naceu en Ourense en 1978. É licenciado con grao en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor investigador centrouse na obra de Carmen Martín Gaite. Ademais dos seus dous libros: Los Perfiles Gallegos de Carmen Martín Gaite e Una propuesta de lectura para Caperucita en Manhattan, publicou diversos artígos como: Variaciones sobre un tema en los cuentos de Carmen Martín Gaite (2004); El léxico familiar de Carmen Martín Gaite (2006); Mirando a través de la a ventana los textos de Carmen Martín Gaite (2007); Recorrer la libertad. Los espacios en Caperucita en Manhattan (2008); Escribir o espazo: Julio Cortázar e Carmen Martín Gaite (2008). Actualmente traballa para o Proxecto de Lírica Medieval no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad