O Comité Cidadán concentrarase en Ferrol pese á prohibición da Delegación

Hoxe cúmprese o primeiro aniversario da entrada dun gaseiro en Reganosa.
Xornal.com - clásica Actualizado 09/05/2008 - 10:46 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia protagonizará hoxe unha concentración diante da sede da Xunta de Galicia para denunciar a instalación ilegal da Planta de Gas de Reganosa, de onde sairá para recorrer as sedes dos socios financeiros de Reganosa "sinalando aos responsables desta ameaza".

Esta concentración coincide co primeiro aniversario do que consideran a primeira entrada "ilegal" do primeiro gaseiro cargado dentro da ría e ademais coincide coaentrada mañá mesmo dun novo gaseiro.

"A concentración foi comunicada ao Subdelegado do Goberno como no caso das 19 anteriores, polo que resulta inaudito o comunicado do Subdelegado de Goberno de prohibir a manifestación alegando comunicación extemporánea", explican dende o Comité.

O Comité Cidadán vai a recorrer diante do Tribunal Superior de Xustiza esta actitude "inaceptable" de Pose Mesura.

"A loita contra da planta de gas ilegal, tamén é unha loita pola democracia e polo dereito a vida. Este Comité Cidadán mantén a súa convocatoria, en exercicio do seu dereito constitucional e chama a todos os veciños e veciñas da comarca a concentrarse o venres día 9 ás 6 da tarde na Praza de España diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia", reza o comunicado enviado polo Comité.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad