A Xunta aproba unha lei que converte os servizos sociais en dereitos

Contémplase a creación da Tarxeta Social e do expediente único, así como a adxudicación dun profesional de referencia.
Xornal.com - clásica Actualizado 03/07/2008 - 16:30 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Santiago.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do proxecto da Lei Galega de Servizos Sociais, “probablemente o proxecto de lei máis importante en materia de benestar social de entre os aprobados nesta lexislatura, e sen dúbida tamén o proxecto de lei máis relevante nesta materia”.

Pérez Touriño salientou o obxectivo central de “superar unha visión asistencialista dos servizos sociais para convertelos nun dereito da cidadanía” mediante a creación dun Sistema Galego de Benestar Social, equiparable no seu funcionamento ao sanitario e que ven dar cumprimento “a un obxectivo e a un compromiso da Xunta de Galicia”. Deste xeito, a lei recolle a creación da Tarxeta Social Galega, á que cada cidadán terá dereito; haberá un expediente único en relación coa asistencia social e un profesional de referencia para cada titular da correspondente tarxeta, co que “podemos facer a equiparación, salvando as distancias no tocante ao catálogo dos servizos que se prestan, ao que supón hoxe a tarxeta sanitaria, o historial clínico e o médico de cabeceira”.

O proxecto define un catálogo de servizos que serán esixibles como dereitos da cidadanía e establece o instrumental necesario para facelo efectivo, ao tempo que recolle a elaboración por parte da Xunta do Plano Estratéxico de Servizos Sociais, que deberá ser revisado e posto ao día cada seis anos. Ademais, a norma regula a participación social e institucional no Sistema Galego de Servizos Sociais e crea os órganos consultivos e participativos correspondentes, como o Observatorio Galego de Servizos Sociais e a Mesa Institucional de Participación. No tocante ao financiamento, o proxecto recolle a previsión de que os Orzamentos do Goberno cubran as necesidades derivadas da Rede de Servizos Sociais, provendo anualmente das partidas necesarias para dar cobertura e desenvolvemento ás mesmas, e contempla na súa exposición de motivos o obxectivo de acadar a medio prazo o 7% de financiamento das administracións locais.

O xefe do Goberno galego destacou que se trata do proxecto de lei número 43 dos aprobados polo Consello da Xunta na lexislatura actual, “co que estaremos en condicións con toda seguridade de que esta lexislatura sexa, ao seu remate, a de maior produción en iniciativa lexislativa da historia do Parlamento de Galicia”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad