A Fundación Luís Seoane dedica un curso ao cineasta alemán Fritz Lang

Pertence á Universidade Menéndez y Pelayo e participará o director de cine Luciano Berriatúa. especializado en restauraciós de vellas películas.
Xornal.com - clásica Actualizado 07/07/2008 - 08:24 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Albino Mallo / XORNAL.COM I A Coruña .- “Fritz Lang: a seguridade do sonámbulo” é o título do ciclo de conferencias que a Fundación Luis Seoane adicará á obra do director alemán, en colaboración coa Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Entre o 18 e o 20 de xullo intervirán no salón de actos da Fundación unha serie de especialistas na obra de Lang, entre os que destacan o director e profesor de cine Paulino Viota, Jaime Pena, programador do CGAI e, especialmente, o director de cine Luciano Berriatúa, realizador de longametraxes coma “El lado oscuro” e colaborador na restauración de varias xoias do cine mudo coa Fundación W.Murnau Stiftung de Wiesbaden. Precisamente é gracias ao seu amplo coñecemento da obra de Murnau fixo que a productora de Nicolás Cage o chamara como asesor na película “A sombra do vampiro”, protagonizada por John Malkovich.

Fritz Lang é considerado coma un dos grandes directores da historia do cine. Comezou a súa carreira na Alemaña de entreguerras, despois de ter estudiado arquitectura e artes gráficas en Viena e Munich. O ambiente social e económico existente en Berlín influiu de xeito decisivo na temática do seu cine, sendo exemplo disto obras coma “Dr. Mabuse der Spieler” ou a celebérrima “Metropolis”, considerada ista coma a derradeira película expresionista. En 1931 se estrenaría unha das películas fundamentais da historia do cine, “M”, onde seguen patentes os temas que obsesionarían ao director vienés ao longo de toda a súa carreira: o crime, os sentimentos de culpa e vinganza, os impulsos do inconsciente, a fatalidade, etc.

Pouco despois da chegada dos nazis ao poder, Lang escapa a Estados Unidos, onde, xa separado da súa muller e guionista habitual, Thea Von Harbou, realizou grandes películas coma “Fury” (1936), “Hangmen also Die” (1943), “Rancho Notorius” (1952).

Voltará á República Federal Alemana onde rodará a súa derradeira película, “Die Tausend Augen des Dr. Mause” tralo que retornaría a Los Angeles, onde finaría en 1976.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad