Zeltia Montes recibe un galardón pola banda sonora da película “Pradolongo”

O congreso internacional de música de cine "Ciudad de Úbeda" outougorlle o recoñecemento.
Xornal.com - clásica Actualizado 14/07/2008 - 10:29 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
ALBINO MALLO / XORNAL.COM I A Coruña.- A música de “Pradolongo”, creada pola compositora Zeltia Montes, ven de facerse co premio máis importante dos que se conceden no congreso internacional especializado en música de cine "Ciudad de Úbeda".

Ademáis do devandito premio, Zeltia Montes recibiu tamén o da mellor compositora novel. A entrega do premio correu a cargo de Bruce Broughton, compositor da música de películas como “Silverado” ou “Lost in Space”.

Este congreso é un evento de carácter internacional adicado especialmente á música cinematográfica, no que durante catro días teñen lugar proxeccións, charlas e concertos aos que asisten recoñecidos profesionais. No certame deste ano estuveron entre outros, Jaume Balagueró, Carles Cases, Christopher Slaski, Roque Baños, Juan Antonio Bayona e Alberto Iglesias.

No Congreso concédeselle cada ano unha atención especial aos novos compositores da man do premio “Jerry Goldsmith” a novos creadores, que sirve como recoñecemento e apoio aos compositores que se están iniciando no eido audiovisual e que foi o que gañou Zeltia Montes pola música de “Pradolongo”.

Zeltia Montes Muñoz, compositora de música para cine, televisión y música de concierto, naceu en Madrid, o 22 de marzo de 1979. Comezou a estudar piano aos 4 anos de idade e ingresou no Conservatorio Federico Chueca pouco despois. Comezou a compoñer de forma natural aos 9 anos e soubo que sempre querría seguir facendoo como proceso de autocoñecemento íntimo e como forma de comunicación cos demais a través dun medio máis puro e sinxelo.

Recibiu o Título de Profesora de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Madrid, e máis tarde o Título Superior de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento, do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid no ano 2002. Durante esta época preparuse como pianista clásica estudando fundamentalmente con Julio César Setién, Elías Romero e Eva Alcázar.

Posteriormente estudou música moderna na Escola de Música Creativa de Madrid onde se especializou en Harmonía e Composición moderna, piano latino e voz, formándose principalmente coa compositora de música para cine Eva Gancedo, o pianista e arranxista cubano Pepe Rivero e aa cantante de jazz Carita Boronska.

En xaneiro de 2005 trasladouse a Boston para estudar Música para Cine na recoñecida Universidade "Berklee College of Music" onde lle foron otorgadas as bolsas "Berklee Achievement Scholarship" e o "International Grant". Alí recibiu o de Composición "Youth Concerts at Symphony Hall" 2007 graduandose en 2007 obeniendo unha doble licenciatura nas especialidades de Composición e Film Scoring (música para cine) obteendo o máximo premio fin de carrera, Summa Cum Laude.

Na actualidade trabilla facendo musica para cine e televisión así como encargos para concertos. Despois de “Pradolongo” fixo a da cabeceira da seria de documentais "El Camino del Cid" para TVE. Na actualidad reside na cidade nortamericana de Los Ángeles.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad