A Deputación da Coruña patrocina a proxección da película galega “Pradolongo”

A proxección verase en once concellos de Ferrolterra e Ortegal comezando mañá en Mañón.
Xornal.com - clásica Actualizado 15/07/2008 - 18:35 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Santiago.- A Deputación de A Coruña comeza mañá en O Barqueiro-Mañón a primeira dun total de 11 proxeccións do filme de Ignacio Vilar “Pradolongo” que a Deputación da Coruña patrocinará durante este verán noutros tantos concellos de Ferrol e Ortegal. A iniciativa inclúese dentro do calendario de actividades do Plan de Dinamización do Produto Turístico Ferrol-Ortegal, cun orzamento de 11.000 euros.

O calendario de proxeccións inclue Mañon-O Barqueiro, Fene, Cedeira, Neda, Mugardos, Valdoviño, Moeche, Narón, Ortigueira, San Sadurniño e Ferrol.

Pradolongo é un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Propón unha visión naturalista e cento por cento galega do contraste entre a Galicia “verde” fronte ao desenvolvemento industrial representado polas empresas louseiras, como fondo dunha historia de iniciación protagonizada por tres rapaces que chegan á maioría de idade e vense obrigados a reconsiderar os seus soños.

No seu paso polas principais cidades e vilas de Galicia, “Pradolongo” foi enchendo as salas nas que se proxectaba e acadando cifras de taquilla e espectadores inusuais para unha película galega, e falada en “galego de Valdeorras”. O seu director Ignacio Vilar e os tres actores protgonistas, Ruben Rios, Tamara Canosa e Roberto Porto, veñen de protagonizar unha aventura por toda Galicia facendo unha promoción directa da película a pé de rúa, presentando o filme en asociacións, colexios, institutos, etc., unindo a isto unha estratexia en internet a través da páxina web www.meupradolongo.com na que se recollen opinións e recomendacións dos espectadores que xa viron a película. O resultado foi o de converterse na película sorpresa das carteleiras galegas, competindo e superando en moitas ocasións incluso aos filmes americanos.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad