Delafin e a compañía Nux rematan a residencia artística no Centro Coreográfico

A entidade da Consellaría de Cultura e Deporte apoia este ano un total de oito proxectos a través do seu programa Artistas en Residencia.
Xornal.com - clásica 30/07/2008 - 19:47 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Santiago.- A sede coruñesa do Centro Coreográfico Galego (CCG) acolle mañá 31 de xullo, entre as 12.30 e as 14.00 horas, un encontro público coa compañía de danza contemporánea Nux e a súa directora, Maïté Delafin, no que amosarán parte do proxecto desenvolvido durante a súa residencia artística no CCG, realizada en colaboración co Certame Coreográfico de Madrid. Con esta mostra aberta aos profesionais e público interesados, a formación pecha a súa estadía na Fábrica de Santa Cristina, en Oleiros, espazo no que durante este mes de xullo traballou no proceso creativo de “Déixame bostezar”, a súa nova proposta.

“Artistas en Residencia” é un programa do Centro Coreográfico Galego que ten como finalidade apoiar a creación, a investigación e a experimentación tanto de artistas que traballen no ámbito da danza como daqueles que, dende outras disciplinas artísticas, teñan a danza ou as artes do movemento como referencia. A unidade da Consellaría de Cultura ofrécelles aos artistas convidados os medios materiais (dotación económica e espazo de traballo) e de persoal de apoio necesarios para desenvolver e presentar as súas propostas, favorecendo igualmente o intercambio e o diálogo con outras disciplinas artísticas.

Ademais de “Déixame bostezar” de Maïté Delafin, durante este ano 2008 o Centro Coreográfico Galego apoia outros sete proxectos de residencia: “Play” de Uxía P. Vaello e Borja Fernández; “Casualidances... desenconaros” de Antón Coucheiro, “90 dB” de Bárbara Bañuelos, “La danza del cisne” de Iker Gómez, “Some Things Happen all at Once” de Rosa Casado, ¡Alicia en Grusia Proyect” de Estela Lloves e Tania Arias, e “Subidón, saldos de un bazar familiar” de Félix Fernández. Na súa primeira convocatoria, en 2007, o programa Artistas en Residencia acolleu dous proxectos: un de creación (“Arder nun hotel”, de Uxía P. Vaello) e outro de investigación (“Arándara”, de Henrique Peón e Mercé de Rande).

Maïtè Delafin coordina o proceso de creación de “Déixame bostezar”, que coreografía e interpreta xunto a Koldo Arostegui, Laura Dorna, Ivan Montardit e Neus Villá. Para este traballo, a compañía “Nux” investigou sobre o tema do aburrimento, que define como “un estado de espera sen obxecto e sen contido”, “unha temporalidade valeira”, “unha vertixe tranquila e monótona que nos revela a insignificancia universal”. Os bailaríns afondan nas distintas facetas deste concepto, restablecendo o seu sentido, o seu contido. Manipulando a percepción do tempo, levan o xesto cotiá ao movemento bailado, explorando situacións nas que a miúdo nace o sentimento de aburrimento. O obxectivo é achegar unha nova mirada sobre o obvio.

Finalista do Certame Coreográfico de Madrid en 2007, a compañía “Nux foi” creada a finais do 2006 por Maïte Delafin, artista franco-uruguaia que se formou en París e Barcelona e que está agora establecida en Edimburgo (Escocia). O ano pasado, durante a residencia en La Caldera (Barcelona), comeza a creación de “L'épaisseur des choses” (A densidade das cousas), peza para cinco bailaríns que é o seu último traballo presentado até o momento.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad