O Comité Cidadán manifestarase o domingo ante a chegada dun gaseiro a Reganosa

É o buque número 27 que chega á planta dende a súa posta en funcionamento.
Xornal.com - clásica Actualizado 23/08/2008 - 12:04 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol protagonizará unha nova manifestación maña domingo ás 20:00 horas diante do edificio da Xunta na cidade para protestar pola chegada dun novo gaseiro á planta de Reganosa.

O buque LNG Norman Lady, o número 27 en entrar á planta dende o seu funcionamento, ten unha antigüidade de 25 anos. Segundo recordan os convocantes “este vello buque xa tivo un accidente importante, ao chocar o 13 de Novembro do 2002 co submarino nuclear norteamericano Oklahoma City no Estreito de Gibraltar”.

O gaseiro, de bandeira noruega, ten unha eslora de 249,5 metros e unha capacidade de 87.600 metros cúbicos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad