XORNAL.COM I Santiago.- O presidente da
Xunta, Emilio
Pérez Touriño, felicítase do esforzo solidario realizado por Galicia con Cuba tras o paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike polo Caribe. O máximo mandatario galego salienta que este esforzo supón que case a metade dos 4.000 quilos de material de primeira necesidade preparados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) foi achegado pola Fundación Axencia Humanitaria Galega, dependente da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores. Galicia é a única comunidade autónoma española que colaborou neste envío.
A AECID está preparando un novo envío de 21 toneladas de axuda humanitaria para Cuba desde o Centro Loxístico Humanitario da Cooperación Española en América Latina, situado en Panamá. O avión fletado transporta 4.000 quilos de material de primeira necesidade do Centro Humanitario da AECID: 54 unidades de kits hixiénicos, 180 unidades de kits de cociña, 720 mantas e 400 lonas de acubillo. Aproximadamente, a metade desta carga foi costeada pola Fundación Axencia Humanitaria de Galicia. O resto da carga está composta por 17.000 quilos de conservas de peixe que suministra o Programa Mundial de Alimentos de Nacións Unidas.
Esta actuación enmárcase no operativo posto en marcha pola AECID tras o paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike polo Caribe.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.