Unha investigación revela a existencia de infravivendas para estudantes

Alumnos de Arquitectura detectaron cen habitáculos de entre 12 e 18 metros cadrados, edificados en torno a viviendas unifamiliares nas proximidades dos campus de A Zapateira e Elviña.
Xornal.com - clásica 01/11/2008 - 14:09 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I A Coruña.- Un traballo de investigación realizado por un grupo de alumnos da Escola de Arquitectura de A Coruña, coordinados polos profesores Xosé Lois Martínez e Xosé Manuel Vázquez Mosquera, revela a existencia dun novo “urbanismo de infravivendas” nas inmediaciones dos campus de Elvira e a Zapateira. Segundo explicou Xosé Lois Martínez, codirector do proxecto de investigación e vicerrector de Infraestructuras da Uiversidade, a intención deste traballo era coñecer como viven os universitarios na Coruña, o que os levou a descubrir un tipo de aloxamento que “non poden ser máis que auténticas infravivendas”, declarou.

A investigación revelou a existencia de entre 100 e 150 habitáculos de entre 12 e 18 metros cadrados, dotados únicamente dunha habitación e un pequeño aseo, sen salón ne cociña. Estas características contraveñen o decreto 262/2007 das normas do hábitat galego, que establecen que toda vivenda debe contar como mínimo cunha zona de día (sala de estar, comedor ou cociña) de 21 metros cadrados, un dormitorio de 12 metros cadrados e un baño de 5 metros cadrados. “Ningunha destas agrupacións conta con espacios comúns”, denuncia Xosé Manuel Vázquez Mosquera, codirector do estudio. “O mobiliario limítase nalgúns casos a unha mesa, unha cama, un lavabo e un fogón”.

Os directores do traballo de investigación revelaron que gran parte destas infravivendas están situadas en fincas privadas, anexas a vivendas unifamiliares, cuxos propietarios deciden sacar partido da demanda residencial dos estudantes. As entradas aos habitáculos para os universitarios, segundo explica Xosé Lois Martínez, « sempre están pola parte de atrás da finca, son independentes das principais, algúns teñen que pasar polo medio de garaxes, e outros están nos sotos, sin ventilación e en situacións infames». Entre os casos máis singulares presentados polos docentes para exemplificar esta situación, citouse o dun grupo de vivendas ubicadas baixo un campo de tenis.

Carencia de oferta residencial pública

Os directores deste traballo de investigación consideran que a orixe deste problema de infravivenda está na carencia de oferta residencial pública. “A Universidade da Coruña é a única que non oferta aloxamento libre aos seus etudantes”, explicou Martínez, que recordou o contraste desta situación coa das outras univesidades galegas: Santiago conta con 1.300 plazas residenciales públicas (97 no campus de Lugo) con prezos de etre 60 e 250 euros. Vigo conta con 412 (194 en Ourense). A Coruña, pola contra, conta únicamente con residencias concertadas.

Vázquez Mosquera apunta que “case sempre, é a iniciativa privada a que primeiro ofrece solucións, como neste caso, onde responderon raudos e veloces ante a falla de residencias universitarias”. “É a crisis dunha so ciedde que non sabe satisfacer as necesidades de aloxamento. A xente intenta aproveitar as plusvalías que xenera a Universidade”, engade Xosé Lois Martínez.

Prezos desproporcionados para a calidade da vivienda

O prezo medio de aluguer destas vivendas oscila entre 140 e 170 euros o mes. A primeira vista pode parecer unha solución económica, pero ó facer o cálculo do prezo por metro cadrado, esta perspectiva cambia, como advirten os directores do traballo. O prezo de aluguer por metro cadrado ronda os 10 euros, igualando e incluso superando o de pisos mellor dotados e ubicados no centro. “Os particulares tomaron a iniciativa na creación de vivenda para estudantes cunha resposta patológica”, asegura Xosé Lois Martínez.

Xosé Lois Martínez non dubida en sinalar que este tipo de aloxamentos, que normalmente se ocultan do exterior tras un muro, están “totalmente á marxe da legalidade”. O vicerrector de infraestructuras sinala que a Universidade e aAdministración deben ataxar este fenómeno a través da construcción de complexos residenciales públicos, pero lembra que únicamente o Concello de a Xunta poden tomar medidas se as infravivendas ubicadas en chalets incumplen a legalidade.

Un modelo perxudicial para os univesitarios e para o entorno

Os profesores que coordinaron a investigación, ademáis de recoñecer os nocivos efectos deste modelo de vivenda para os estudantes, sinalan que a ploriferación deste tipo de microvivendas supón tamén un problema a nivel urbanístico, xa que provoca un deterioro do entorno. “É a destrucción ou transformación dun núcleo rural”, denuncia Vázquez Mosquera. Segundo os datos dunha simulación realizada polos docentes, de seguir esta tendencia á construcción de infravivendas poderían aparecer en poucos anos concentracións de 750 aloxamentos nunha superficie menor a un kilómetro cadrado.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad