Galicia expresa a súa repulsa ante o último atentado de ETA

Quintana e Feijóo fan un chamamento á unidade fronte á "barbaria terrorista".
Xornal.com - clásica Actualizado 04/12/2008 - 08:02 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Pontevedra.- Galicia expresou hoxe a súa repulsa ante o último atentado da banda terrorista ETA que acabou coa vida do empresario Ignacio Uría Mendizabal.

Milleiros de personas concentrárnose nas principias cidades galegas para expresar a súa condea. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, participou esta mañá nunha concentración diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Alí expresou a súa rotunda condea do atentado “da última vítima deste terrorismo salvaxe, sen sentido e sen razón que o único que consigue é encher de rabia o corazón de tanta xente”, sinalou.

O vicepresidente dixo que tódalas vidas que se cobra ETA son importantes para a sociedade pero salientou que “teña escollido neste momento para a súa actividade asasina a unha persoa cuio valor na vida foi traballar para xerar emprego e riqueza, precisamente agora que padecemos unha situación de crise económica”. E engadiu que “ao instinto asasino de ETA o mellor branco que se lle ocorre son persoas que traballan tódolos días e aportan esforzo para xerar riqueza e emprego”.

Recalcou Quintana que “só cabe unha actidue ante isto que é a condea máis rotunda e explícita pero tamén o traballo necesario de unidade e de esforzo colectivo para superar esta lacra”. “Creo que ese é o único camiño que podemos adoptar e o que espero que tódalas forzas políticas adopten como noutras ocasións temos feito, non caben interpretacións políticas e menos réditos políticos ante as actuacións de ETA, o único que cabe é unidade democrática, tenacidade, tesón e paciencia para acabar con esta lacra e que acabe vencendo a democracia porque estou seguro que así vai ser”, insistíu.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe en Ourense a súa condena pola acción terrorista e recordou que “ETA sempre se presenta asesina”.

Feijóo insistou en que o asesinato “é o obxectivo da organización terrorista ETA” porque “ETA nunca minte, lamentablemente; ETA é unha banda terrorista e as bandas terroristas asesinan a persoas inocentes. Polo tanto, ou coas armas do Estado de dereito imos acabando con ETA ou ETA seguirá asesinando”.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad