Jaureguizar presentou en Cultur.Gal a súa novela “O globo de Shakespeare”

Trátase dunha recreación en torno á vida do dramaturogo inglés con fantasías sobre Hamlet, Drake e Ribadeo.
Xornal.com - clásica Actualizado 07/12/2008 - 10:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s













ALBINO MALLO / XORNAL.COM I Santiago.- Entre as presentación de libros de Cultura.Gal, “Edicións Xerais” a través do seu director Manuel Bragado, fixo a de “O globo de Shakespeare” de Santiago Jaureguizar, unha obra chea de orixinalidade na que parte do achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan os seus soños e as súas vidas. “O Globo de Shakespeare”, foi gañadora do Premio Terra de Melide 2008, e trata dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflicte as paixóns humanas) e ademais supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor.

Manuel Bragado, definiuna como "unha obra sobre os límites do espectáculo e os grandes problemas da condición humana", e malia esta presentación seria, o libro non deixa atrás unha das marcas de distinción do autor vasco-lucense. “O globo de Shakespeare'”parte dunha base real, a do encontro de Francis Drake cun militar de Ribadeo, e presenta a posibilidade de que o pirata inglés lle cedese ao galego un manuscrito coa primeira versión do 'Hamlet'. Xa trasladado á actualidade, o relato céntrase nunha serie de personaxes implicados na búsqueda do documento.

Na presentación, Jaureiguizar dixo que, xeralmente, as súas obras teñen poucos personaxes para concentrarse máis neles, pero que neste caso fora preciso incluír máis partindo de Ricardo, o apaixoado de Shakespeare que representa as obras do dramatugo inglés no seu Pazo utilizando monicreques.

Recoñeceu Jaureguizar, na súa intervención, que o que lle peta é facer literatura popular, alonxada do intelectual, e que busca manter o ritmo “e facer novelas curtas que podan lerse no leito ou levarse nun peto da chaqueta, rexeitado os grandes novelóns que pesan moito e son dificilmente manexables.

Tamben lle gosta prantexar intrigas “porque as intrigas sempre tiran dos lectores, e sempre meto algo que haxa que descubrir. Neste caso, como falo de relacións de amores e odios entre os personaxes, xuntei un pouco todos eses elementos sobre esa base, sobre ese eixo que é a intriga da novela”.

A novela, segudo Jaureguizar está moi inspirada en Shakespeare, polo seu xeito de escribir. “Cando Shakespeare escribe as súas obras sabe que vai ter que competir con espectáculos de loitas de osos e cans, con prostitutas, con xogos de dados, coas tabernas daquela... Está competindo cunha serie de cousas que atraen ao público. Como sabe que ten que competir con iso, fai unhas obras con moita forza visual e dramática, por iso neste libro fago ese final tan comentado xa, moi desmesurado, moi desmedido. Entón ten moito que ver por iso e polos personaxes. Aprendín moito sobre como se constrúe un personaxe lendo a Shakespeare e ensaios sobre os seus personaxes”.

Jaureguizar, que adornou a mesa con limóns, repartiu galletas, precisamente con sabor a este froito. “Son unhas galletas de nata que fai a miña muller, que teñen forma de medio limón. Nesta obra teñen moita importancia os limóns, mesmo na capa do libro, estes limóns teñen que ver cun personaxe de éxito, que empeza a soñar con limóns, e os soños acaban converténdose en realidade. Empeza soñando con limóns verdes e acaban madurecendo ata converterse en realidade, pero non desvelo”.

En canto ao público lector, confía en que poda ser para adolescentes ademais de para maiores, “porque ten un contido que pode server para todos”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad