Quintana prevé que o BNG obterá un "resultado histórico" o 1 de marzo

O voceiro nacionalista, convencido de que lidera unha forza política "ascendente".
Xornal.com - clásica Actualizado 05/01/2009 - 18:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Santiago.- O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, afirmou hoxe que o Bloque "é unha forza política es ascenso" e quixo manifestar a "enorme ilusión" coa que afronta esta forza política as eleccións do 1 de Marzo que foron convocadas hoxe. O líder nacionalista prevé que o BNG obterá un "resultado histórico" nas vindeiras autonómicas.

Quintana fixo estas declaracións pouco despois de se facer efectiva esta mañá a convocatoria dos comicios galegos e defendeu que esta tendencia á alza do nacionalismo galego débese "á política transformadora" que o BNG aplicou desde o goberno galego "para provocar un cambio real no país".

"Temos demostrado o noso compromiso con Galiza nestes anos", afirmou e aproveitou para facer un chamamento "a todos aqueles que levan a Galiza no corazón". Asi, o portavoz nacional instou a "nacionalistas e galeguistas" a "facer un esforzo" para conseguir entre todos que despois das eleccións "Galiza sexa moito máis forte e máis respectada".

Para conseguilo, o BNG ofrecerá nesta campaña electoral "ideas, traballo, determinación, firmeza, diálogo e compromiso co país", en palabras do seu portavoz nacional. Quintana lembrou que isto é o que sempre fixo o nacionalismo galego e argumentou que "isto é o que a sociedade quere".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad