Rodri Suárez /
XORNAL.COM I A Coruña.- As estadísticas son fiables. E sinalan que o voto da emigración sempre apoia ao partido gobernante. E resulta que, no caso galego, ese sufraxio exterior supón o 12,7 por cento do total. Unha porción apetecible que antes votaba masivamente ao
Partido Popular e agora favorece ao socialista. Dese péndulo tamén semellan depender as opinións dos partidos. Logo de moitos anos reclamando a reforma do voto dos ausentes dende a oposición, o
PSOE galego semella defender agora a garantía do proceso de votacións da diáspora, como se deduce das últimas declaracións do presidente da
Xunta, Emilio
Pérez Touriño, que hai anos criticaba con dureza a escasa fiabilidade das sacas de votos chegadas dende fóra de Galicia. Na actualidade tras catro anos de goberno na
Xunta e algún máis do seu compañeiro de filas José Luis
Rodríguez Zapatero en Madrid que non variaron o discuto método o candidato do
PSdeG converteuse en garante da limpeza do sufraxio emigrante. Segundo algunhas teorías, os beneficios que lle reporta no presente son a razón do seu cambio de parecer.
Considerado de forma xeral coma unha anomalía impropia dunha democracia, a historia do voto emigrante galego é tamén a dunha longa carreira de irregularidades. Nesta mesma semana,
Xornal de Galicia amosou documentos que probaban que un residente ausente pode votar máis dunha vez ata en dezasete ocasións fíxoo o ourensán Francisco Nogueiras dende Suíza en 2004 e que tamén se contabilizan as papeletas a nome de persoas falecidas, como foi o caso de Dolores Pérez Montes, natural de Tui que morreu en Bos Aires en 2006 pero acodeu ás urnas nas eleccións xerais de 2008. Preguntado o xoves por estes casos ante a inminencia dos comicios do 1-M, Touriño reaccionou con xesto agrio ante o que hai anos seguramente recollería como alarmantes verdades.
Creo que o resultado electoral o deciden os galegos e as galegas con dereito a voto e que o mesmo está garantizado democraticamente. A estas alturas non podemos nin debemos utilizar determinados elementos na campaña electoral, como é poñer en dúbida os resultados. Iso é facerlle un fraco favor ao país, dixo o titular de San Caetano, nunha evidente defensa da limpeza do sufraxio exterior.
No seu partido tamén se apuntan á idea. O vicesecretario xeral,
Ricardo Varela, rexeitou onte poñer en cuestión a lexitimidade do voto emigrante, engadindo a enigmática frase de que na democracia hai que estar ás duras e ás maduras.
O discurso non sempre foi ese. Por exemplo, en 2005, Touriño dixo que notaba certo nerviosismo no PP ante o seu anuncio de revisar o voto emigrante, que se ten que desenvolver con garantías plenas. Eran as épocas da denuncia do clientelismo e a súa versión cruel na emigración, onde queixábase da táctica de favores a cambio de votos. Pasada unha lexislatura, tal anunciada reforma do sufraxio da diáspora segue onde estaba, como proxecto inconcreto. E iso que durante a súa presidencia, o líder dos socialistas galegos seguíu defendendo o cambio. Os nosos emigrantes teñen que votar en urna e sen trampas, afirmou en 2007 en Rianxo e diante do busto dun símbolo: Castelao. Pero nas autómicas de marzo, dous anos máis tarde,ese modelo non se poderá aplicar.
Segue todo igual no sufraxio exterior. Só cambiou algunha postura. Porque ata as campañas continúan nas mesmas. Touriño visita Sudamérica para pedir apopios o 5, 6 e 7 de febreiro. Feijóo manexa datas semellantes. Alí lles esperan os votantes, que non as urnas.