XORNAL.COM I A Coruña.- A enquisa elaborada por Quadernas Consultoría para
Xornal de Galicia no marco da precampaña do 1-M revela que a maior parte dos electores observan ao galego nunha posición de "inferioridade en relación ao castelán", cun 42,2 por cento, ou que ambas as linguas gozan, na actualidade, dunha "igualdade de condicións", segundo o 41,5. Apenas un 11 por cento dos enquisados avala as posicións dos grupos que consideran que o castelán estea prexudicado.
A normalización da lingua galega e o papel que os poderes públicos deben xogar neste proceso estivo, ao longo de boa parte da lexislatura, en primeira liña do fogo político, unha circunstancia que se reproduce na actual precampaña electoral.
O decreto 124/2007 que regula o uso do idioma no ensino e desenvolve o Plan de Normalización aprobado en 2004 aínda, polo tanto, en temposdo Partido Popular foron, en máis dunha ocasión, o piar sobre o que se apoiaron grupos contrarios á extensión do galego en ámbitos como a educación ou a administración para tentar estender argumentarios quedesembocaban nunha única premisa: o castelán está en risco por mor dunha suposta supremacía da lingua galega.
Con todo, á luz dos datos ofrecidos pola enquisa de Quadernas Consultoría para
Xornal de Galicia, é posible afirmar que o argumentario de colectivos como Galicia Bilingüe está moi lonxe de callar entre os galegos: apenas un 11 por cento dos chamados ás urnaso vindeiro 1 de marzo considera que o galego relegase ao castelán aunha posición secundaria, mentres que un 42,2 non dubida que a lingua do país se atopa nunha situación de "inferioridade en relación ao castelán e un 41,5 por cento afirma que "o galego e o castelán están en igualdade de condicións en Galicia". Apenas un 5,2 por cento di non saber que responder á cuestión presentada polo estudo electoral de Quadernas Consultoría para
Xornal de Galicia ou prefire non manifestar a súa opinión sobre o estado de saúde do idioma galego.
Homoxeneidade territorial
O inquérito de Quadernas permite ademais botar por terra algúns dostópicos sobre o uso e a concepción da importancia do galego en diferentes áreas xeográficas. En ningunha das catro provincias galegas os enquisados que coidan que a lingua galega goza dun estatuto de superioridade supera o 12 por cento. A maior porcentaxe acádase na Coruña, cun 11,7, seguida de Lugo e Pontevedra, cun 11. O menor rexistro atópase en Ourense, cun 9,5 de potenciais votantes que ven o castelán en risco.
Na banda contraria, a de aqueles que observan ao galego nunha posición de inferioridade en relación á outra lingua cooficial, a enquisa ofrece unha fotografía definida da posición dos galegos: a maioría considera que "en Galicia, o galego está en inferioridade".
Esta posición é especialmente pronunciada na provincia de Pontevedra, onde un 46,8 por cento manifestan a súa preocupación polo papel secundario da lingua galega. A continuación sitúanse a provincia da Coruña, cun 40,5 por cento. En Lugo, un 39,2 por cento considera que o galego é o prexudicado nesta correlación de forzas e en Ourense fano un 38,5 dos votantes.
A mesma homoxeneidade territorial é posible observala atendendo aos galegos que observan ambas linguas "en igualdade de condicións". Esta foi a opción elixida por un 43,5 por cento na Coruña, un 43,2 en Lugo, un 42,5 en Ourense e un 38 por cento na provincia de Pontevedra.
Mocidade e BNG
Outra das conclusións que é posible tirar do estudo electoral elaborado por Quadernas para este diario é que a idade do electorado inflúe na súa visión da cuestión lingüística. Deste xeito, entre os menores de 30 anos a cifra dos que pensan que o galego padece unha situación de inferioridade elévase ata o 65,6 por cento, unha porcentaxe que rolda o 40 nos enquisados de entre 30 e 64 anos e descende ao 32,9 por cento nos maiores de 65 anos.
Atendendo ao partido político votado nas eleccións autonómicas de 2005, o inquérito reflicte que a maior conciencia dunha situación de inferioridade da lingua galega se atopa entre os votantes do
BNG, cun 61,7 por cento, seguido polo 41,7 dos votantes socialistas e un 26,8 por cento entre os que apoiaron ao PP.
Neste sentido, cómpre ademais salientar a diverxencia entre os simpatizantes populares e as teses da formación de cara ao 1-M: apenas un 19,5 por cento dos votantes conservadores considera que o castelán estea en inferioridade con relación ao galego, mentres que un 46,5 dos que apoiaron a
Manuel Fraga observa que ambas linguas posúen un estatuto semellante.
---
FICHA TÉCNICA DE LA ENCUESTA
Ámbito: Comunidad Autónoma de Galicia. Desagregación por provincias.
Universo: Población de 18 y más años con derecho a voto.
Tamaño: 1600 entrevistas, 400 en cada una de las cuatro provincias.
Tipo de encuesta: Entrevistas telefónicas en el domicilio de los entrevistados, selección aleatoria de teléfonos sobre el conjunto del listín, selección aleatoria de individuos en cada vivienda.
Método de muestreo: En cada una de las provincias el diseño muestral responde a tres estratos poblacionales. La selección final de individuos se realiza según cuotas de sexo y edad, de forma proporcional a la distribución en cada provincia.
Afijación: Proporcional dentro de cada provincia, obteniendo el número de elementos en la muestra para cada estrato proporcionalmente al censo de votantes en dicho estrato.
Error muestral: Para un nivel de confianza de 95,5% (dos sigmas), y p=q, el error es de + 2,50% para el conjunto de Galicia y de un + 5,00% para cada una de las cuatro provincias.
Fecha de realización: del lunes 29 de diciembre de 2008 al miércoles 7 de enero de 2009.