PSOE e BNG cren que o galego require maior apoio

Ambos xulgan necesaria unha discriminación positiva, xa que o 42,2% dos galegos ve o galego en inferioridade ao castelán
Xornal.com - clásica Actualizado 23/01/2009 - 10:57 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Santiago.- Os grupos que apoiaron ao Goberno bipartito coincidieron onte en que o galego require unha protección especial e son imprescidibles medidas para o seu impulso, despois de analizar a enquisa publicada por Xornal na que se reflexa que a maioría dos galegos ve a súa lingua en inferioridade, e que só un de cada dez cre que o castelán está a ser prexudicado.

Nese sentido, o portavoz de lingua do BNG, Bieito Lobeira, considerou que o inquérito “confirma que ese bombardeo de falsedades que lle daba a volta á realidade foi un fracaso”, en alusión ás voces que decían que o castelán era asoballado en Galicia. Para o deputado nacionalista, o galego segue estando “nunha situación de discriminación” e require de novas iniciativas para o seu impulso. Ademáis, Lobeira salientou que os datos aportados por Xornal deixan claro que tampouco é certo que “todo funciona ben”, xa que un 42,2 por cento dos galegos ven a súa lingua en posición de inferioridade respecto do castelán.

Nesa liña, o socialista Francisco Cerviño resaltou que unha lingua que perde falantes diante doutra “poderosísima” como é o castelán, “precisa dunha discriminación positiva”, algo que según el xa se está levando a cabo nestes últimos catro anos, polo que saudou a enquisa do Xornal como un respaldo á política lingüística da Xunta.

En todo caso, o deputado socialista fixo un chamamento á convivencia de ambas as dúas linguas e advertiu que esta cuestión non pode ser motivo de conflicto. Nese sentido, recordou que “aínda que o galego naceu aquí, as dúas linguas son deste país” e apuntou que “o castelán está aquí para quedarse, é unha cuestión que hai que ter clarísima, dende posicións inequívocas de defensa da lingua galega”.

Equilibrio na convivencia

Pola súa banda, o secretario xeral do PP galego, Alfonso Rueda, tamén se tomou a enquisa como un refrendo ás súas teses, ao concluir que o feito de que o 41,5 por cento dos galegos vexan igualdade de condicións entre galego e castelán reflexa que existe un “equilibrio” que non se quebrou a pesares “dos intentos desde instancias oficiais de que se rache”. Así, Rueda interpretou que se se tivera preguntado se as medidas postas en marcha nos últimos tres anos e medio poñen en perigo a convivencia entre linguas, “a maioría respostaría que si”.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad