Ler a Rosalía en Pakistán

As súas obras son parte dunha doazón da embaixada española
Xornal.com - clásica Actualizado 30/01/2009 - 01:11 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Redacción / Axencias / XORNAL.COM I A Coruña.- Cantares gallegos e En las orillas del Sar son dende onte obras de consulta na Universidade de Linguas Modernas de Pakistán (NUML), á única na que se estuda a cultura ibérica neste país asiático. As obras de Rosalía, así como as de LuIs Cernuda e Rafael Alberti, e o dicionario María Moliner, forman parte das dúas mil obras escritas e audiovisuais que a embaixada de España en Islamabad doou á biblioteca deste centro de ensino superior.

“É unha sorte. A min gústame moito a literatura en español, pero ata agora só puidera traducida ao inglés”, expuxo a Shahana, estudante da NUML, que tan só admite uns cincuenta alumnos de español por semestre. Non hai estudos específicos de galego, pero as obras de Rosalía nesta lingua dan testemuño da súa riqueza literaria a miles de quilómetros de onde foron escritas orixinalmente.

O embaixador José María Robles, que está a piques de concluír a súa etapa en Islamabad, defendeu a doazón de libros como “unha contribución importante e un instrumento útil para a difusión e o coñecemento da cultura española en Pakistán”, que resulta ben necesaria. Aínda que máis de 40.000 paquistanís residen xa oficialmente en España e a solicitude de visados aumentou nos últimos anos, a cultura española e dos países latinoamericanos conta con escasas canles de difusión.

Pola súa banda, o reitor da NUML, Aziz Ahmad Khan, dixo estar esperanzado ante a posibilidade de forxar acordos de cooperación con universidades españolas, aínda inexistente.


Ensino por vocación

“A nosa cultura está ausente. As embaixadas (hispanoamericanas) non se preocupan de promocionala o suficiente e o Goberno paquistaní tampouco a apoia”, lamentouse unha profesora latinoamericana que preferiu manter o anonimato. Na súa opinión, ensinar español en Pakistán é “como un voluntariado que se fai por pura vocación”.

O salario dos cinco profesores do departamento de Español da NUML rolda os 200 dólares (152 euros) mensuais, unha cantidade que, segundo a docente latinoamericana, a duras penas alcanza “para vivir e comer”. A Axencia Española de Cooperación e Desenrolo (Aecid) financiara dous lectorados universitarios, un na cidade oriental de Lahore e outro na capital paquistaní, pero as prazas foron suprimidas este mesmo ano.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad