Un diccionario recolle 112 anos de filmes galegos con testemuños dos protagonist


Xornal.com - clásica 31/01/2009 - 00:37 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
EFE / XORNAL.COM I Santiago.- O sector audiovisual de Galicia conta dende onte cunha obra “de referencia”, máis, sobre a súa historia, grazas á publicación do Dicionario do cine en Galicia 1896-2007, un volume que recolle “112 anos de imaxes, a través dos testemuños dos protagonistas”.

Así o afirmou durante a súa presentación, o director xeral de Comunicación, Fernando Salgado, quen explicou que malia que en 2001 xa se publicou un libro destas características, o novo dicionario está xustificado porque s últimos sete anos do audiovisual galego foron “moi fértiles”.

Un dos coordinadores desta obra, Miguel Anxo Fernández, apuntou que no volume participaron uns vinte autores –historiadores, críticos ou profesores, entre outros– que recolleron “máis de 400 voces” entre as profesións do sector, así como reseñas “moi curiosas” sobre algúns personaxes galegos do cine.


A TVG como “motor”

No entanto, Fernández destacou que moitas das achegas foron feitas pola Televisión de Galicia (TVG), que ademais é “o motor dinamizador” do audiovisual na Comunidade, pola súa aposta e investimento no cine galego.

Neste sentido, o director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, anunciou que en 2009 investirán 3 millóns de euros, adicionais, para impulsar o cine galego, polo que en total a compañía dedicará 5 millóns a este fin. Sánchez mostrouse satisfeito polo papel que supón a TVG na consolidación do audiovisual galego, xa que “moitos” comezan a súa carreira nesa cadea de televisión.

Por outra banda, o director de Acción Social de Caixa Galicia –que colabora na publicación–, José Manuel García Iglesias, afirmou que este dicionario “significa que hai unha cultura do cine consolidada e estruturada desde hai tempo”. Neste sentido, Fernando Salgado apuntou que o audiovisual galego está “empeñado en conquistar novos horizontes e fronteiras”.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad