Feijóo cre que Galicia "debe solicitar axudas europeas para as perdas do tempora

O candidato popular plantexou á comisaria europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Marian Fisher Boel, a necesidade de habilitar un fondo ante a eventualidade da liberalización total das cuotas lácteas no 2015.
Xornal.com - clásica Actualizado 03/02/2009 - 19:10 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Estrasburgo.- Galicia debe solicitar axudas de fondos europeos para facer fronte aos danos provocados polo recente temporal que asolou as comarcas do Ortegal e a Mariña lucense. Confirmoullo a comisaria europea de Política Rexional, Danutta Hübner, ao presidente do PPdeG no transcurso dunha reunión celebrada en Estrasburgo no marco da ronda de contactos mantida por Feijóo con personalidades da Comisión.

Danutta Hübner admitiu que aínda é posible solicitar axudas europeas para indemnizar aos damnificados polo temporal de xaneiro e que, para iso, o bipartito debe remitir ao Goberno central unha relación dos desperfectos, coa correspondente cuantificación económica, que deberá ser trasladada ás autoridades comunitarias antes de que remate o vindeiro mes de marzo, coa intención de intentar solucionar parte dos problemas do temporal.

Apoio ao sector lácteo

Segundo os populares, a posible desaparición do actual sistema de cotas lácteas no ano 2015 en toda a Unión Europea sitúa ao agro galego nunha situación crítica que require da adopción de medidas de apoio a medio e longo prazo para garantir a viabilidade das explotacións. A tal efecto, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, plantexou á comisaria europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Marian Fisher Boel, a necesidade de habilitar un fondo para rexións sensibles e moi dependentes pola súa vocación láctea.

Nunha reunión celebrada este mediodía en Estrasburgo coa comisaria Fischer, Feijóo insistiu en que “hai que actuar rápido, antes de que sexa demasiado tarde” e invitou a Comisaria a visitar Galicia e coñecer de primeira mán os problemas das cotas lácteas e das explotacións gandeiras galegas.

O líder dos populares galegos constatou que "a mala política negoaciadora do Goberno central, xunto coa nula capacidade do bipartito para mudar as políticas europeas relacionadas coa agricultura conduciron ao escenario actual, no que os gandeiros galegos padecen as consecuencias negativas desta situación". "Así, o aumento lineal das cotas de producción para os 27 países da UE prexudica a territorios deficitarios, como Galicia, sen que polo de agora se teñan habilitado axudas para apoiar a competitividade do sector", engadiu.

O presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, así como o Presidente do Parlamento europeo, foron invitados polo Presidente do PPdeG a visitar Galicia a partires do 1 de marzo co obxectivo de coñecer de primeira man os problemas de Galicia e no que a Unión Europea pode axudar, como o problema lácteo, da pesca, o AVE transfonterizo con Portugal e, o levantamento do veto de Astano para que recupere a construcción civil.

Barroso trasladó a todos os galegos a necesidade de participar para que Galicia teña un goberno forte, que é o importante nun momento de crise.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad