O Fantasporto adícalle un ciclo ás pelíuclas galegas dos últimos dous anos

O festival terá lugar do 16 de febreiro ao 1 de marzo.
Xornal.com - clásica Actualizado 04/02/2009 - 00:08 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I A Coruña.- O audiovisual galego terá espazo propio na edición deste ano do Festival Internacional de Cinema de Oporto (Portugal), Fantasporto, coa presenza de creacións dos últimos dous anos que se proxectarán durante este evento, entre o 16 de febreiro e o 1 de marzo vindeiros.
Segundo explicou onte en Vigo o director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura, Luis Bará, a Axencia Audiovisual de Galicia realizou unha selección de 6 longametraxes e 10 curtametraxes, na que tamén participou o Festival de Cinema Internacional de Ourense. O obxectivo desta selección é ofrecer unha “ampla panorámica da creación audiovisual galega”, comentou onte Luis Bará.

Diversidade na colleita
A colleita audiovisual deste dous últimos anos ofrece unha diversidade temática considerable. Entre os títulos que se van proxectar destacan películas como Pradolongo, Rafael, A noite que deixou de chover ou a animada O espírito do Bosque. As curtametraxes galegas tamén estarán presentes, con títulos como 12007, A meiga chuchona, O Hospital, ou Cousas de Kulechov. Estas producións poderán verse entre o 21 e o 26 de febreiro no Pequeno Auditorio do Rivoli (Teatro Municipal) de Oporto.
Ademais da proxección de filmes, realizaranse actividades paralelas como mesas redondas sobre a industria audiovisual en Galicia, o papel das coproducións e dos festivais, e a comunidade galega tamén terá protagonismo na sesión de peche de Fantasporto 2009. Este festival naceu en 1981 e consolidouse como un dos máis importantes de Europa, a pesar de que o seu director, Mário Durminsky, lamentou que está a ser “marxinado” das políticas culturais do país veciño.

Unha programación variada
Na edición deste ano poderanse ver películas como Adam resurrected, de Paul Shrader, ou Tokyo Gore Police, de Yoshihio Nishimura, e haberá retrospectivas dedicadas a artistas como Mario Bava e José Fonseca e Costa. O director de culto gore Jorg Buttgereit tamén terá o seu propio ciclo, sendo este un dos platos fortes dun festival fundamental.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad