Viernes, 19 de marzo de 2010 - 5:47 h
1-m

Touriño insiste en que os emigrantes xa “acreditan” a súa identidade para poder

O presidente da Xunta e candidato socialista insistiu onte no argumento segundo o cal os galegos da diáspora xa “acreditan” a súa personalidade no momento de exercer o seu dereito ao voto xa que, apunta, “se les exige una certificación censal”, algo que, di “está en la ley actual” xa que, apunta “no vivimos en un sistema decimonónico”
Xornal.com - clásica Actualizado 05/02/2009 - 06:52 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I Santiago.- No transcurso dun almorzo informativo organizado por Europa Press, Emilio Pérez Touriño obviou o feito de que os emigrantes reciben de oficio a documentación electoral e, na práctica, a súa participación nos comicios se pode producir sen sequera ter que saír da casa para afondar no argumento de que a esixencia do DNI ou o Pasaporte é un “nuevo requisito” que a Xunta Electoral Central (XEC) esixe “en pleno proceso” das eleccións galegas.

Con todo, o xefe do Executivo galego asegurou non “cuestionar” a decisión do máximo órgano en materia electoral e apostou por abordar as refomas legais do voto exterior dende unha “responsabilidade compartida” de todos os partidos .

Neste sentido, o líder do PSOE galego puxo sobre a mesa en Madrid a proposta xa bosquexada polo vicesecretario xeral dos socialistas, José Blanco, e que pasa pola creación dunha circunscrición electoral propia para os emigrantes, de tal xeito que a diáspora elixa os seus propios representantes no Parlamento.

Do mesmo xeito, Touriño recoñece a necesidade de estipular “en qué elecciones han de votar y en cuáles no”. Neste sentido, o candidato socialista avoga por limitar a participación dos denominados “residentes ausentes” nas eleccións municipais, xa que “marcarían el contenido de una decisión” e iso “no tendría sentido”.

Con todo, o líder dos socialistas galegos insistiu na necesidade de que “todos” sexan “rigurosos” á hora de avaliar o sufraxio exterior xa que, explica, “los emigrantes tienen derecho a votar de acuerdo a la ley y creo que en democracia nuestra primera obligación es hacer que los derechos se respeten y se puedan ejercitar”. Así, di, non se debe “restringir derechos” neste eido.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad