Viernes, 19 de marzo de 2010 - 8:15 h
1-m

Castelao regresa con polémica

A división social e política culminou coa carga policial á porta de San Domingos de Bonaval
Xornal.com - clásica Actualizado 06/02/2009 - 05:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Xan Carballa / XORNAL.COM I A Coruña.- O 28 de xuño de 1984, aniversario do primeiro plebiscito autonómico, regresaban nun avión de Iberia desde a Arxentina os restos de Castelao. O trámite comezara en 1983 cunha proposición de lei no Parlamento. De contado se abriron paso dúas posicións. Os que defendían que a democracia xa estaba en condicións para o regreso dos restos do pai do nacionalismo galego contemporáneo, e quen consideraban que eses mínimos non se daban, mesmo porque tres dos catro diputados nacionalistas estaba expulsados da Cámara. A división tamén se reproducía entre compañeiros da súa xeneración, como Xosé Abraira na Arxentina e Emilio Álvarez Blázquez en Galicia, ou o alcalde de Rianxo, Xosé Bravo Frieira. Moitos outros consideraban dubidoso o regreso sen consenso, como Valentín Paz Andrade. Xogaba un papel determinante a vontade da súa irmán, Teresa, que con 85 anos, foi o argumento sentimental utilizado.

A TVE dirixida en Galicia por Alexandre Cribeiro, programou a transmisión dos actos en directo. A realización dun previo con declaracións, xa se fixo con advertencia a algúns dos convidados de que non se emitirían opinións críticas co regreso. García Sabell mesmo estaba asustado polas alusións antimonárquicas do documental Castelao, de Jorge Prelorán, difundido en xornadas previas.

A tarde en Lavacolla foi longa porque o avión se retrasou. Só se deixou pasar a unha representación mínima ao aeródromo, fortemente controlado, quedando fóra rodeados pola Garda Civil moitos que querían estar no recibimento, como Xesús Alonso Montero ou Isaac Díaz Pardo.

O momento máis duro viviuse ás portas de San Domingos de Bonaval. Unhas dúas mil persoas, convocadas polo Bloque, agardaban a chegada. A TV instalara cámaras fóra do recinto e cando chegou o furgón fúnebre a policía comezou a cargar. O realizador mantivo o plano onde estaba o interese informativo, mentres unha emocionada María Teresa Navaza, locutora estrela da cadea, lía distintos textos de Castelao que algúns nos días seguintes dixeron que eran “proclamas do BNG”.

Os restos de Castelao entraron no Panteón de Galegos Ilustres, con rezos dirixidos por Rouco Varela, arcebispo de Compostela. Cribeiro foi cesado como director da TVE-G. Esa noite no telediario de Madrid dixeron que volveran os restos de Emilio Castelar.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad