Domingo, 01 de agosto de 2010 - 9:54 h
1-m

Jorge Barreiro: “Os políticos son os que contratas para dirixir isto”

"Votarnos non é votar en branco, senón ao revés, participar na política"
Xornal.com - clásica 06/02/2009 - 06:00 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Mónica Sequeiro / XORNAL.COM I A Coruña.- A Asamblea de Votación Electrónica (AVE) naceu na Coruña a iniciativa dun grupo de amigos. Xa participaron nas xerais de 2008 e agora estréanse en Galicia para estas autonómicas.

En que consiste a AVE?

O que nós pretendemos é que a xente participe, non en decisións de goberno, pero si nas leis. Porque aos políticos se lles dá un talón en branco co voto e ao final fan o queren á hora de gobernar. Un representante da AVE que saia elixido non votará o que opine el, senón o que lle diga a xente da asamblea a través do móbil e internet.

Cal é o obxectivo que vos marcades?

Que nos coñezan, e ir ás municipais dentro de dous anos. Se calquera partido grande deixa que a xente participe e vote as decisións, a AVE xa non tería sentido. A nosa vontade non é a de gobernar, senón poder participar. Os políticos son uns profesionais aos que contratas para que dirixan a túa empresa de vida e social. Teñen que tomar unha serie de decisións, pero tamén temos que poder participar nós.

A polémica co voto emigrante, interésalle á xente da rúa ou só aos políticos?

Os políticos viron unha mina nisto, e si que creo que é un pouco forzado. A min dame a sensación persoal de que non lle importa moito á xente da rúa.

Non teñen campaña ni pancartas, como facedes para que vos coñezan?

A xente entra na páxina web, falan cos seus amigos e estes falan con outros. A verdade é que cada vez nos coñece máis xente. No Senado acadamos 1.400 votos e eu non teño 1.400 amigos, e para o Congreso máis de 400, é xente que cre nesta proposta.

Votar a AVE é un voto en branco?

Eu creo que é ao revés. Eu que veño de votar en branco, porque me interesa a política pero non cría nos políticos, agora estou na asamblea. Nese senso, si que somos un refuxio para os que votan en branco, porque a través da AVE poden participar na política.

Non teñen medo que se vos confunda co tren de alta velocidade?

Non, tamén podían confundirnos coa Asociación Virxes de España, que é de xente que colecciona virxes. Collimos o máis simple, as sigras directamente, sen máis complicación.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad