Redacción / Axencias
XORNAL.COM I Santiago.- O presidente do
PPdeG, Alberto Nuñez Feijóo decidiu apartar ao número un por Ourense e "home anti crise" do partido, Luís Carrera Pasaro, ao non estar plenamente ao corrente coa Facenda pública.
O candidato popular á presidencia da
Xunta de Galicia asegurou que descoñecía este feito no momento de incluir a Carrera nas listas do partido e argumentou a decisión de apartalo agora en que esta non é a conducta que desexo nin para o meu partido nin para o próximo Goberno de Galicia.
Feijóo comunicoulle a decisión esta mañá ao ex candidato popular por Ourense, quen asegurou xa ter subsanada e ingresada na facenda a cantidade pendente.
A súa situación pode ser legal, pero non representa a conducta que desexo para a rexeneración democrática de Galicia, insistiu Feijóo.
Fronte a esta versión, a
Cadena Ser revela que Carrera presuntamente tería cobrado unha comisión do Banco Privado Portugués por 240.000 euros, que non declarou a Facenda.
Sempre segundo esta emisora, o popular era representante do Banco e ademais buscaba inversionistas e recomendaba inversións. Cobraba tanto dos inversionistas como do Banco. En concreto, e según a Ser, Carrera cobrou 240.000 euros deste banco portugués por conseguirlle unha inversión de 50 millóns entre 2004 e 2005.
Según confirmou o propio Carrera, a entidade lusa pagoulle os cartos nunha sucursal con sede nas Illas Caimán, un lugar considerado como un paraíso fiscal. Él, nembargantes, esperaba que o pago se lle fixera na sucursal de Lisboa, polo que non se decatou que xa percibira o diñeiro e por iso non o tiña declarado. En calquera caso, apuntou que xa tiña resolto este problema fiscal.
Sen embargo, o líder do
PPdeG mostrouse convencido de que é necesario un proceso de rexeneración democrática tanto entre os políticos como entre as institucións e por iso non me tremeu o pulso en tomar esta decisión.
Eu me presento a estas eleccións para que Galicia se recupere desta mala situación na que está, e me presento cun programa e cun equipo. O mellor programa e o mellor equipo, e nese equipo non caben este tipo de comportamentos, engadiu.
"Cometín un erro"
Feijóo recalcou que non o acepto nin me vou identificar nin vou permitir que se identifique ao meu partido con este comportamento. Cometín un erro por descoñecemento; e despois de coñecelo, corrixo ese erro.
Para o líder do
PPdeG, a súa decisión contrasta coa de outros candidatos que pode que se sintan "cómodos" con un caso como o do concurso eólico "sospeitoso de irregularidades", dixo en referencia a
Anxo Quintana, e que outros o estén con gastos de máis de sete millóns de euros "en coches, despachos e salas da Xunta", apuntou sobre Emilio
Pérez Touriño.
"Esta mesma mañá dixen que o señor Touriño debería cesar ao seu Conselleiro de Presidencia por este despilfarro. Eu predico co exemplo. Cando suceden este tipo de situacións, para eles non pasa nada. Para min si que pasa", indicou Feijóo.
O candidato popular aclarou que a decisión de apartar a Luís Carrera xa foi transmitida á
Xunta Electoral Central, de maneira que a cabeza de lista por Ourense pasa a ser ata o de agora a número dous, a concelleira do PP en Verín, María del Carmen Pardo.
O home "anti-crise"
Luis Carrera Pasaro ten un amplo currículo empresarial, e a súa substitución frustra a súa estrea en política como cabeza de lista do PP na provincia ourensá.
A candidatura de Carrera Pasaro fíxose oficial o pasado 16 de xaneiro, cando os populares deron a coñecer os cabeza de lista por Ourense, Lugo (Raquel Arias) e Coruña (
Carlos Negreira) para acompañar a Nuñez Feijoo, candidato á
Xunta e cabeza de lista por Pontevedra.
Licenciado en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais pola Universidade Complutense de Madrid, está diplomado en Alta Dirección de Empresas polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa Universidade de Navarra.
Pola Escola de Economía da Universidade Autónoma de Madrid, está diplomado en Sistema Fiscal e en Financiamento e Tesourería. Ademais realizou estudos de Técnico Publicitario na Escola Oficial de Publicidade de Madrid. Entre 1989 e 1999 asumiu a dirección xeral de Caixa Ourense.
O 8 de novembro de 2000, Carrera foi elixido director adxunto executivo de
Caixanova, despois da fusión das tres caixas do sur de Galicia, Caixavigo, Caixa Pontevedra e Caixa Ourense, pola súa condición de director desta última entidade.
Catro anos despois, o 24 de maio de 2004 foi nomeado vicepresidente do Grupo Rodman, como adxunto á presidencia. Luis Carrera tamén formou parte dos consellos de Administración de Cáser e
Pescanova.
A pesar de non contar con experiencia política, lideraba a lista do PP por Ourense nas eleccións autonómicas de marzo de 2009.
No 1990 foi elixido "Lucense do ano" e "Dirixente do ano", e en decembro de 1991, "Galego do mes".
Juan Fernández, un antecedente similar
Non é a primeira vez que un membro do
Partido Popular de Galicia ten problemas con facenda. Juan Fernández, conselleiro de Industria con
Manuel Fraga, foi cesado en 1994 por non ter feita a declaración da renta durante varios exercicios.
CARRERA DICE QUE "SE LE PASÓ" DECLARAR UN PAGO RECIBIDO EN ISLAS CAIMÁN
"El PP EMPIEZA A DAR MUESTRAS DE SERIEDAD", AFIRMA BALTAR
O PSOE PIDE A FEIJÓO QUE ACLARE AS RELACIÓNS PERSOAIS E POLÍTICAS CON CARRERA
VARIOS DE LOS "ELEGIDOS" DE OBAMA ABANDONARON POR NO PAGAR AL FISCO