D.L./M.S./M.J.R. /
XORNAL.COM I Santiago.- Non lle vou facer a campaña ao PP. Con estas palabras o presidente da
Xunta, Emilio
Pérez Touriño, quixo dar onte por finalizada a controversia xerada en torno aos 4 millóns de euros da reforma de tres salas de reunións do complexo de San Caetano. Considera que esta polémica só interesa ao PP de cara a converter a campaña electoral nun barrizal, algo que non van conseguir, afirmou.
As críticas polo coste das reformas no edificio da
Xunta é só un dos últimos capítulos da loita electoral destes días, que vai en aumento conforme se achega a data electoral. Nesta tola carreira cara as urnas, todo punto gañado ao inimigo é importante. Así que o grupo da oposición tampouco está disposto a ceder no se refiere ao debate entre os candidatos que se celebrará na TVG, previsto para o día 20.
Sobre este cuestión, o presidente do
PPdeG e candidato á Presidencia da
Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xogou onte a ambigüidade. Expresou a súa disposición a acudir á cita a tres prevista pola televisión pública autonómica, na que tamén estarán Emilio
Pérez Touriño (
PSdeG) e
Anxo Quintana (
BNG). Pero tamén insistiu en que é necesario celebrar debates a dous, porque nós aceptamos a súa proposta e agora esperamos que eles acepten a nosa.
Mentres Feijoo facía estas declaracións, Touriño estaba noutro campo distinto: na celebración do Consello da
Xunta nunha das salas de San Caetano cuia reforma é motivo de polémica.
O presidente galego amosouse visiblemente molesto coas preguntas dalgúns dos xornalistas asistentes á rolda de prensa posterior a esta reunión. O xefe do Executivo asegurou non querer entrar nun debate que, afirma, é claramente unha estratexia política do
Partido Popular, que agora trata de cuestionar unhas obras que, en ningún caso, afirma, son un escándalo.
Segundo a explicación de
Pérez Touriño esas obras, postas en marcha no ano 2007, axústanse ao procedemento ordinario de contratación previsto na Lei de Contratos do Estado, o mesmo, apunta, que empregou o Executivo de
Manuel Fraga para dar luz verde á construción da residencia oficial de Monte Pío. Con todo, o xefe do Executivo advirte unha diferenza: a actitude da oposición naquela altura,
PSOE e BNG, foi diferente e o montante investido foi superior aos 30 millóns de euros, algo que, di, socialistas e nacionalistas xulgaron razoable.
A tensión entre o presidente e a bancada da prensa foi evidente ata que a quenda de preguntas abandonou a cuestión das devanditas obras, unha polémica que, en opinión de Touriño, só interesa ao PP de cara a converter a campaña electoral nunha lameira, algo que non van conseguir. Con todo, Touriño mostrouse especialmente contrariado no momento en que o custo das obras foi relacionado coa crise económica, aínda que sexa certo que a adxudicación non infrinxe a legalidade. Si es cierto, retou Touriño, dígalo.
Gastos suntuarios
Quen o dixo, horas máis tarde, foi o presidente do PP;
Mariano Rajoy, nun acto de precampaña ao que acudió na localidade do Barbanza. En declaracións aos xornalistas acusou a Touriño de ter gastos suntuarios, polos que cre que debe pedir perdón aos galegos.
Rajoy dixo que é unha vergoña que Galicia sexa noticia por dilapidar os cartos, xa que meteu nun mesmo saco varios exemplos de xestión do Goberno bipartito ben pouco edificantes.
O líder do PP lamentou que a
Xunta non dea exemplo no actual contexto de crise económica, e que a austeridade non sexa a súa sinal de identidade. Deste xeito referiuse a remodelación das tres salas no edificio administrativo de San Caetano, e as cadeiras de deseño que inclúen, por máis de 2.000 euros cada una .
Tamén insistiu en que o coche oficial do titular do Goberno galego é máis caro que o de Obama, o presidente dos Estados Unidos.
Pola súa banda, o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, tampouco podía deixar de aludir ao despilfarro na
Xunta, que denunciou o seu partido. Salientou a compra do coche oficial de 480.000 euros e garantiu que, se el chega ao Goberno galego, os dirixentes moveránse en Citroën, fabricados enVigo, en vez dos Audis do actual Goberno e o anterior de
Manuel Fraga.