Lunes, 15 de marzo de 2010 - 6:39 h
1-m

Manuel Ruiz Rivas, en Xornal: “Ogallá Touriño fixese como Feijóo”

“O PSOE debería facer con ‘Pachi’ Vázquez o mesmo que o PP con Carrera”
Xornal.com - clásica Actualizado 07/02/2009 - 15:34 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Rodri Suárez / XORNAL.COM I A Coruña.- Manuel Ruiz Rivas acodeu ao Café de Redacción en Xornal de Galicia onte pola mañá. Pola tarde e tras a comparescencia de Núñez Feijóo aceptou completar a charla, vía telefónica, para dar o seu punto de vista sobre a destitución do número un do seu partido por Ourense, Luis Carrera, inmerso en irregularidades fiscais.

Remítome ao comunicado do Partido, o noso presidente actuou con coherencia respecto a todo o que nos pediu aos que somos candidatos nas súas listas. Feijóo dá exemplo unha vez máis de integridade. Actuacións así son as que se botan en falta do señor Touriño, que debería facer o mesmo co asunto de Pachi Vázquez. O PSdeG non toma decisións malia as irregularidades e o elector ten que saber que non permitiremos este tipo de actuacións, por iso estou convencido de que este feito non nos prexudicará electoralmente nin afectará ás nosas bases, posto que Carrera non era nin militante.

Antes, durante o café, Ruiz Rivas falara sobre as irregularidades e conflitos de Sogama.
Hai moito tempo que o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, tiña que dimitir. Non hai nada peor para un político como que te cachen nunha mentira, como lle pasou a el. O señor Pachi Vázquez negouse a unha comisión de investigación e por riba chamounos botarates e varias cousas máis. E despois, resulta que a Xustiza imputa a cargos de Sogama e da empresa que traballa no vertedoiro. Con este señor habería que tomar medidas. O conselleiro está tapando cousas moi serias en Sogama que seguro que seguirá esclarecendo a instrución.

Que lle pareceu máis atinada, a xestión do bipartito nas áreas socialistas ou nas nacionalistas?
Para buscarse medallas que non me encontren a min. Supoño que farían boas cousas... Pero adicáronse a botar atrás todo o que tiña cheiro a Partido Popular. O primeiro que quixeron foi que nada levara a firma do PP. Eu busco no balance.... e non son capaz de atopar algo que estea realmente ben. A gratuidade dos libros xa a comezáramos nós, eles seguiron pero non a acabaron... non sei... non as atopo. Gustaríame que fose doutra forma, porque non é positivo que en política caiamos na negatividade, pero non podo amosarme doutro xeito

E haberá novo Estatuto de Autonomía nesta lexislatura?
Nós volveremos a facer unha proposta. Malia que se deu a sensación de que dous tiñan razón e un, que eramos nós, non, o certo é que o Goberno non foi capaz de presentar unha proposta de Estatuto que alcanzara o consenso necesario. O PP mantivo unha postura coherente co que pensou sempre sobre Galicia. Non podíamos cambiar para peor.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad