Viernes, 03 de septiembre de 2010 - 10:45 h
1-m

A Mesa e o PSOE rexeitan os altercados violentos

O colectivo de defensa do galego e os socialistas condean uns incidentes que se saldan con dez persoas detidas durante a mobilización
Xornal.com - clásica 09/02/2009 - 07:28 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
David Lombao / XORNAL.COM I Santiago.- A Mesa pola Normalización Lingüística e o PSOE amosaron, ao longo da xornada de onte, o seu rexeitamento os disturbios violentos acontecidos onte durante a manifestación convocada por Galicia Bilingüe, ao tempo que rexeitaron os postulados defendidos por esta asociación, baseados nunha presunta “imposición” da lingua galega.

Mediante un comunicado, A Mesa lamentou “que se produzan manifestacións de intolerancia e odio en calquera sentido”, algo que, apuntan, “rexeitamos máis anda cando se bota man da violencia, en calquera grao”

A entidade presidida por Carlos Callón condenaba deste xeito os altercados acontecidos durante unha marcha que, apuntan, supuxo un “batacazo” para Galicia Bilingüe e para o PP. “A pesar –afirman– do toque de corneta do PP, a sociedade galega deulle as costas a unha manifestación que foi contra os principios básicos de convivencia, coma o recoñecemento do galego como lingua propia e oficial”.

Mentres, dende as filas do PSOE, o seu vicesecretario xeral, José Blanco, expresou dende Silleda o seu “rechazo y condena” ás “agresiones radicales” rexistradas durante a mobilización. Apunta Blanco que “unos radicales agredieron a una gente” coa que, apunta, “no comparto” sus ideas pero que ten “derecho a manifestarse” en liberdade.

Neste mesmo sentido expresouse, a través dun comunicado, o número dous dos socialistas galegos, Ricardo Varela. Apunta Varela que a súa formación condea “calquera forma de violencia” ao tempo que subliña que os socialistas “non compartimos en absoluto os postulados e argumentos da convocatoria”.

O vicesecretario xeral do PSdeG avoga, ademais, “polo entendemento, a cooperación e a unidade arredor da lingua” xa que, di, “non necesitamos enfrontamentos nin confrontacións en algo tan sensible e tan emblemático para os cidadáns”.



DETENCIÓNS

Tanto os episodios violentos rexistrados no seo da propia marcha coma nos disturbios entre contramanifestantes e axentes da Policía posteriores á mobilización saldáronse cun total de dez persoas detidas.

Segundo fontes xurídicas consultadas por Xornal de Galicia ao peche desta edición, os avogados que representan aos detidos solicitaron o habeas corpus para todos eles, unha figura do dereito orientada a solicitar que se determinen os cargos que se imputan e os acusados pasen a disposición xudicial. Despois de que tres dos detidos xa prestasen declaración, as mesmas fontes indican que “o máis probable” é que sexa na mañá de hoxe cando o caso chegue aos xulgados.

Mentres na comisaría tiñan lugar estas dilixencias, no seu exterior, varias persoas, entre elas Xosé Manuel Beiras, concentráronse nas inmediacións do complexo policial para rexeitar a actuación das forzas de seguridade. Simultaneamente, un dos detidos era atendido no Hospital Clínico de Santiago dos golpes recibidos durante a marcha.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad