Domingo, 01 de agosto de 2010 - 10:08 h
1-m

PP e UPyD únense a Galicia Bilingüe nunha marcha ateigada de incidentes

O número dous do PPdeG e Rosa Díez rexeitan a política lingüística da Xunta nunha mobilización que rematou con 8 detidos e destrozos nas rúas
Xornal.com - clásica 09/02/2009 - 07:30 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s
David Lombao / XORNAL.COM I Santiago.- O buque insignia dos colectivos que rexeitan a normalización do galego entrou onte na carreira electoral dende a rúa acompañado polo Partido Popular e mais UPyD e secundado por 2.500 persoas, segundo a policía local de Santiago e 7.000, segundo a Policía Nacional.

A manifestación, convocada por Galicia Bilingüe (GB) e apoiada por plataformas doutros puntos do Estado, como a Asociación de Víctimas del Terrorismo ou Convivencia Cívica Catalana, arrincaba na Alameda compostelá entre un fortísimo despregamento dos antidisturbios da Policía Nacional e símbolos como paraugas coas bandeiras española e vasca –distribuidos polo Foro de Ermua nas mobilizacións contra a negociación entre o Goberno e ETA– ou pegatinas co lema “¿Catalán a la fuerza? Va a ser que no!” mesturadas coas dos convocantes.

A tensión que precedía a protesta tivo tradución práctica cando, antes de que iniciase a marcha, varios membros de grupos como Briga, AMI ou Nós-UP, mostraron o seu rexeitamento co lanzamento de obxectos de cristal e berros de “fascistas”. Tamén, neste caso entre aplausos, se tachou de “fascistas” dende as filas de GB aos contramanifestantes, ao tempo que os antidisturbios se empregaban con contundencia co primeiro dos detidos –habería nove máis–.

Ao tempo que a rúa da Senra da capital galega tomaba aspecto de batalla campal, os representantes políticos fixaban posturas. A primeiro, a líder de UPyD, Rosa Díez, presente onte en Santiago para asegurar que a marcha é “necesaria” dado que se están “conculcando” dereitos en Galicia.

Xusto despois, os micrófonos da prensa dirixíanse á nutrida representación do PP galego, encabezada polo seu secretario xeral, Alfso Rueda, que avogou “a título individual” pola “liberdade” e asegurou non “crer no monolingüismo”, e secundada por, entre outros, Corina Porro, Carlos Negreira, Telmo Martín, Ana Pastor ou Ignacio López Chaves.

A tensión inicial non diminuiu no momento da lectura, na praza da Quintana, do manifesto final. Mentres a presidenta do colectivo, Gloria Lago, clamaba polo “cese del adoctrinamiento” e reclamaba “libros de textos sin banderas con estrella roja”, os antidisturbios actuaban de novo para dispersar aos contramanifestantes violentos, facer o propio cos pacíficos e advertir á prensa de que se trataba dunha “manifestación legítima”. Mentres, outros axentes aseguraban aos reporteiros gráficos que “ya tendréis noticias nuestras” e instábanos a borrar das súas cámaras as imaxes dos incidentes.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad