XORNAL.COM I Vigo.- O candidato do
BNG á presidencia da
Xunta,
Anxo Quintana, amosou hoxe, en relación aos incidentes acontecidos onte na manifestación celebrada en Santiago por convocatoria de Galicia Bilingüe o seu respeito absoluto por todas as opinións, mesmo aquelas que considere máis descabelladas porque creo que é unha obriga de todo demócrata respeitar todas as opinións, mais quixo dicir tamén coa mesma claridade, que de todo punto de vista non hai ningunha causa xusta nesta vida que se poida soster sobre unha mentira e afirmar que o castelán está en perigo en Galiza. que aqui se persegue a quen fale castelán, é, sencilla e llanamente unha mentira.
Quintana quixo reiterar o seu respeito absoluto cara todos os cidadáns galegos que pensen diferente ca min, e os que se queiran manifestar por unha cuestión así, pero creo que están equivocados.
Condeno todo tipo de acto de violencia, afirmou Quintana de xeito rotundo, ao tempo que dixo que é contrario á esencia da democracia e todos os poderes públicos deben velar por que todo o mundo se poida manifestar en paz, os que están en contra e os que están a favor do galego. porque onte houbo manifestantes coa intención de facelo pacificamente, tanto a favor como en contra do galego e creo que é importante que fagamos esforzos por protexer a eses cidadáns.
Por último, o candidato do
BNG quixo preguntarlle ao señor Feijóo se lle merece a pena, se está satisfeito do labor feito, de fomentar o odio contra o galego e que o resultado sexa o que onte se víu, se se sinte orgulloso, continuou, porque supoño que despois de ter apoiado e promovido unha manifestación contra o galego, de galeguismo non volverá falar e supoño que nin a nombralo, explicou, o que fixo foi enterrar calquer vestixio de galeguismo no PP.