Flanagan Flash-Back

Xerais presenta un novo libto do dectective adolescente.
Xornal.com - clásica Actualizado 17/02/2009 - 00:40 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I A Coruña.- Os seguidores da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente, están de en hora boa. Na última semana de febreiro, coincidindo coa aparición da edición orixinal en catalán, chegará as librarías a tradución galega de Isabel Soto de “Flanagan Flash-Back”, novela na que Andreu Martín e Jaume Ribera recuperan o personaxe de Clara Longo, a primeira moza do famoso detective. Xerais leva publicadas dentro da colección «Fóra de Xogo» sete títulos deste serie: “Flanagan de luxe” (Xerais 1994, 7ª edición), “Alfagan é Flanagan” (Xerais 1996, 3ª edición), “Flanagan Blues Band” (Xerais 1996, 2ª edición), “Flanagan 007” (Xerais 1998, 2ª edición), “Flanagan, só Flanagan” (Xerais 2000), “Eu tampouco me chamo Flanagan” (Xerais 2006) e agora “Flanagan Flash-Back” (Xerais 2009).

Do resumo do argumento pódese decir que xusto a primeiros de setembro, coincidindo co cumio de Xefes de Estado que se celebra en Barcelona, uns días antes de que Nines lle prepare a festa do seu dezaoito aniversario, Flanagan sabe polo seu amigo Charche que a policía detivo a Clara Longo, a que fora a súa primeira moza, unha heavi lindísima da que nada sabía dende facía catro anos. A pesar de que os rillotes do Komando Destrutor lle pediran que seguise á profesora Xema Obiols, unha oportunidade estupenda para estrear a súa moto nova de segunda man, Flanagan non poderá evitar buscar o rastro de Clara, que recoñece coma unha das mozas máis importantes da súa biografía sentimental. Movido por estas saudades inexplicables, Flanagan atopará esa pista na tenda de Todo a Un Euro, propiedade de Simón Bericart e Margot Longo, unha tapadeira para vender xoias roubadas. Mais a súa perplexidade aumentará cando coñece que a tía de Clara é asasinada. Flanagan, entón, deberá enfrontarse a resolver un dos seus casos máis complexos e perigosos.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad