A UE obriga ao Estado a revelar onde se plantan transxénicos

O Executivo terá que informar da localización dos ensaios que lle fora negada aos concellos galegos que a solicitaron
Xornal.com - clásica Actualizado 20/02/2009 - 00:53 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
M. PardoXORNAL.COM I A Coruña.- A Corte Europea de Xustiza decidiu que os estados membros da Unión Europea non poderán manter en secreto os lugares nos que se expermienta ao aire libre con transxénicos. Así, o Estado estará obrigado a informar aos concellos que o soliciten sobre a localización exacta das plantacións con millo modificado xeneticamente, uns datos que lle foran negados nos últimos meses a varios municipios galegos.

Con esta sentenza do pasado 17 de febreiro, a UE pretende acabar co escurantismo que arrodea os cultivos realizados polas multinacionais biotecnolóxicas e autorizados polo Estado –o maior produtor de transxénicos de Europa– malia a oposición radical dalgúns concellos elixidos polas empresas.

De feito, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño autorizou ensaios con millo transxénico en cinco concellos. Son Arzúa, Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada, este último incluso declarado Zona Libre de Transxénicos (ZLT).

Numerosos municipios e colectivos, xunto coa Plataforma Galega Antitransxénicos, amósanse en contra dunhas plantacións que xa foron prohibidas en Francia ou Grecia. Aseguran que varios estudos demostraron os seus efectos nocivos, ademais da imposibilidade de evitar a polinización cruzada entre os terreos. No entanto, a falta de competencias na Xunta e nos concellos facía imposible ata o de agora evitar uns ensaios pactados entre as multinacionais e os labregos.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad