Bragado: “As letras viven o seu mellor momento”

O director da Edicións Xerais, Manuel Bragado, destacou hoxe que, sen caer en palabras “grandilocuentes”, a literatura galega “vive, sen dúbida, o mellor momento de creación, grazas en grande parte ao maior apoio social dos lectores neste idioma”
Xornal.com - clásica Actualizado 23/02/2009 - 02:10 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL.COM I A Coruña.- En declaracións a Radio Nacional, Manuel Bragado tamén subliñou que existe “un sector profesionalizado e estable”, algo que cualificou de “relevante”, pois abre a posibilidade de que obras en galego “se visibilicen ante o público”.

Non obstante, admitiu que ter presenza “fóra das fronteiras galegas” é “unha das grandes materias pendentes”, quitando “casos illados” como o de Manuel Rivas. A súa novela O lapis do carpinteiro leva vendidos máis de 65.000 exemplares en galego e foi traducida a máis de 25 linguas no mundo: “É a nosa auténtica embaixadora, pero é insuficiente”, engadiu.

Por outra banda,Bragado lembrou que 2009 será un ano de efemérides. Xerais cumpre 30 anos, e sumará xa 3.000 títulos publicados, hai 50 anos do falecemento de Ramón Cabanillas, e 100 do nacemento de de Aquilino Iglesia Alvariño. “Pretendemos estar á altura da nosa responsabilidade nestas tres datas, ademais de presentar os primeiros produtos electrónicos”, concluíuo o editor galego.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad