‘Negra Sombra’ jazz Versos e música no día de Rosalía

O espectáculo ‘Rosalía 21’, un recital ambientado pola banda de Abe Rábade, estréase este xoves en Santiago como o acto destacado para celebrar o aniversario da autora que simboliza o Rexurdimento das letras galegas
Xornal.com - clásica Actualizado 24/02/2009 - 02:15 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
A.L. / Axencias / XORNAL.COM I A Coruña.- Tal día coma hoxe, pero hai 127 anos, nacía Rosalía de Castro. A efeméride queda oculta polo Entroido e o rebumbio da campaña electoral, pero a Consellería de Cultura e a Fundación Rosalía de Castro preparan unha serie de actos para conmemorala, nos que a estrela é o espectáculo mulitartístico Rosalía 21, que terá lugar o xoves no Teatro Principal de Santiago ás 21.00 horas. Trátase dun recital dos poemas máis destacados da autora, sobre unha base musical exclusiva e composta en clave de jazz, que se presentou hai un ano na Feira do Libro da Habana.

O director xeral de Difusión Cultural, Luís Bará, e a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, explicaron onte que se trata dunha “lectura nova e actualizada” da figura de Rosalía de Castro a través das composicións do cuarteto de jazz Abe Rábade.

Luis Bará destacou o papel do escritor Anxo Angueira como “alma mater” do proxecto e a súa participación no espectáculo, no que recitará versos de pezas da autora galega como A xustiza pola man, Negra sombra ou Alborada e que, nalgúns casos, interpretarán as voces de artistas como Uxía Senlle ou Guadi Galego. Así mesmo, o concerto completarase cunha proxección audiovisual na que colaboran autores como Victoria Álvarez Ruiz, Xosé Luís Méndez Ferrín, María do Cebreiro ou o propio Anxo Angueira, que comentarán diferentes aspectos da traxectoria da artista filmadas en paisaxes simbólicas da súa obra: A Coruña, Lugo, Padrón, Santiago, Vigo, Laíño.

O contido musical e lírico do espectáculo Rosalía 21, que se editou en formato de CD para a súa presentación na Feira do Libro da Habana o ano pasado, completouse coa publicación dun libro de artigos con motivo do 172 aniversario de Rosalía de Castro.

Neste sentido, Bará sinalou que os obxectivos principais desta iniciativa incidirán na “divulgación da figura e obra de Rosalía como creadora, pensadora e pensadora” da literatura galega; e a “idea de converterse en fonte permanente da inspiración e creatividade dos artistas” da comunidade autónoma.


A festa dura ata o venres

Pola súa banda, a presidenta da Fundación Rosalía de Castro , Helena Villar Janeiro, comentou que a intención é “dar un xiro” á conmemoración da figura da autora galega para “dotar de maior importancia a data do seu nacemento que á da súa morte” e “recobrar ese espírito”.

Villar afirmou que este xoves se celebrará “unha festa de aniversario” da poetisa coa presentación do libro Quen casa ten de seu.Contos na casa de Rosalía, que inclúe cinco contos de autores e ilustradores galegos “dirixidos a achegar a súa figura aos máis pequenos” mediante “historias que acontecen na propia casa da escritora”. Así mesmo, o venres terá lugar un recital poético a cargo dos alumnos de primaria e secundaria de centros escolares de Padrón e Bertamiráns.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad