Xornal.com - clásica
Actualizado 24/02/2009 - 00:47 h.
M. Pardo / XORNAL.COM I A Coruña.- O Sigre distribué desde a semana pasada entre os colexios farmacéuticos e as farmacias de toda España unha circular na que defende a súa xestión no caos de Cerceda, onde se acumularon durante seis anos máis de 10.000 toneladas de desperdicios medicinais que non foron incinerados, tal e como cría e acordara o sistema estatal.
O Sigre, tal e como confirmaron os colexios provinciais galegos, enviou unha circular na que informa das medidas que está a tomar ante a suposta fraude e asegura que toda a documentación que lle foi achegada por Danigal, xestor da planta que ten en Cerceda, acredita que estes residuos foron valorizados enerxeticamente en Sogama, algo que nega a sociedade pública xa que non tiña a capacidade técnica para facelo.
A circular enviada ás farmacias aclara que o Sigre mantén unha investigación con carácter de urxencia para tomar as medidas legais que correspondan contra Danigal, a única empresa coa que o sistema de xestión de envases farmacéuticos mantiña unha relación contractual.
O Sigre asegura que paralizou a entrega dos restos de medicamentos a Sogama, que aclara que terá listo en breve a planta que necesita para realizar a valorización enerxética. No entanto, puidera ser que a sociedade pública non volvera acoller este lixo, xa que o sistema estatal busca outro centro para a valorización e incluso outra ubicación para a nave de tratamento que xestiona Danigal en Cerceda e que conta con vinte traballadores.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.