Viernes, 19 de marzo de 2010 - 9:44 h
1-m

Luxos, falsos accidentes e suplantación de identidade

Implican a Quintana nun percance fantasma na AP-9 e difunden e-mails no nome de BNG e PSOE.
Xornal.com - clásica Actualizado 26/02/2009 - 08:00 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Iago Martínez / XORNAL.COM I A Coruña.- O electorado nacionalista pode votar coa conciencia tranquila este domingo. Ten un candidato imbatíbel cunha cualidade da que os outros carecen. O que fai especial ao líder do BNG non ten nada que ver coa gobernabilidade nin co seu programa electoral. O seu é unha graza difícil de igualar, un aquel metafísico. Anxo Quintana ten un don: goza do poder da ubicuidade. Pode estar en dous sitios ao mesmo tempo sen esforzo. Non é un dixomedíxome. Demostrouno onte a primeira hora da mañá. Mentres se sometía a unha entrevista en directo na Radio Galega, veuse implicado nun leve accidente de circulación na AP-9.

Evidentemente, Quintana non é omnipresente. O teletipo que o situaba na autoestrada era falso e foi rapidamente retirado da circulación. Europa Press atribuíuno a un erro no seu sistema de control editorial. Un erro e só un erro. Nada máis, como se encargou de recordar a axencia pouco máis tarde. Por que tanta cautela diante do que podería ser unha simple anécdota? Porque o rumor é o enésimo episodio escuro na campaña electoral máis sucia que se recorda en Galicia. Dende a primeira até a última xornada.

A redacción de Xornal de Galicia recibiu onte dous correos inzados de difamacións contra os socios do bipartito. Un deles, un inventario dos supostos “luxos” do presidente da Xunta na residencia oficial de Monte Pío, exhaustivamente documentado con fotografías, viña asinado por “prensapsdeg”, isto é, suplantando a identidade do equipo de comunicación dos socialistas. O outro, atacando ao líder nacionalista polas súa relación co empresario Jacinto Rey, presidente do Grupo San José –segunda empresa de capital galego e unha de cuxas filiais edita Xornal de Galicia–, levaba no encabezamento “BNG Madrid”, o que evidentemente tamén era falso.

O accidente fantasma e os correos con remitente enganoso veñen a contaminar unha campaña que empezou torcida. O primeiro día, á mañá seguinte da tradicional pegada de carteis, a publicidade electoral do PSOE amencía acompañada de contrapropaganda. Non se trataba de pintadas. Non era un traballo de afeccionado. Os contracarteis, dedicados máis unha vez a denunciar os supostos “luxos” de Emilio Pérez Touriño, unha das ideas forza da campaña de Núñez Feijóo, imitaban a feitura e a imaxe corporativa dos socialistas. Elaboralos é caro e custoso, pero penduralos das farolas, máis arriba aínda que os carteis do PSOE e do BNG, supera amplamente a dedicación dun gamberro.

A dous días dos comicios, a guerra sucia semella imparábel. A campaña empezou mal, moi mal, co prezo das cadeiras de Monte Pío e do coche do presidente e da neveira portátil do vicepresidente como temas estrela da oposición do PP, e ten toda a pinta de acabar aínda peor. A carón das propostas de goberno, que fican por veces nun segundo plano, os partidos levan quince días enleados nunha liorta de escaso nivel político. Os casos de corrupción que cercan ao PP en Madrid e a insólita renuncia do cabeza de lista dos populares por Ourense foron o desafortunado pano de fondo dunha campaña sen debate. O resto foi aínda peor.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad