Viernes, 19 de marzo de 2010 - 9:45 h
1-m

Manuel Rivas: "Unha campaña sen debates é realmente unha estafa"

"A palabra é o esencial da política", di o escritor coruñés en Xornal.
Xornal.com - clásica Actualizado 27/02/2009 - 07:50 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Eva Fuentes / XORNAL.COM I Santiago.- O escritor e xornalista coruñés Manuel Rivas considera esta campaña “estraña” pola falta de debates.

Que sabe de política?

Si me interesa e penso que intento saber, pero tamén ten un hemisferio oculto. Interésame porque atinxe ao benestar da sociedade na que vivo. Non me interesa tanto a política de competencia entre siglas.

A campaña?

É unha campaña que non ten moito que seguir. Paréceme que é unha campaña estraña.

Por que?

Non ten a intensidade doutras veces. Hoxe en día, na sociedade da comunicación na que vivimos, unha campaña sen debates é realmente unha estafa.

Que tal dominan a palabra os candidatos?

Coido que é unha das grandes eivas dos tres. Para min é o esencial da política e non hai ideas se non hai palabras. Ás veces dáselle máis importancia á colocación dunha gravata, ao perfíl dunha foto, que á mensaxe. Co caso do Obama, houbo un triunfo da palabra.

E aquí non hai moitos Obamas?

Hai unha minusvalorización do receptor. Acábase confundindo o sinxelo co pobre.

Non daba máis xogo Fraga?

Ten características propias dunha comedia e un elemento máis antipático, pero é certo que ten tamén algo de esperpento. É interesante escribir sobre el, pero non teño ningunha saudade del (risas).
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad