XORNAL.COM I Ferrol.- Hoxe venres as 17:30 horas, na sala Galería Sargadelos de Ferrol (C/ Rubalcava 30-32, Ferrol) terá lugar a sesión do obradoiro literario semana que l que se celebra habitualmente na casa da Cultura do Concello de Fene. Nesta ocasión a sesión será aberta para todas as persoas que queiran asistir, e a continuación terá lugar a presentación da edición en papel de Os veos da paisaxe de Eduardo Estévez, na edición que fixo Antonio Piñeiro en Bourel.
O editor estará presente para contar como é este asunto de facer edicións artesanais, haberá un pequeno recital poético e os asistentes que o desexen poderán participar dun pequeno exercicio de escrita poética a partir das fotografías da exposición.
Na galería Sargadelos de Ferrol pódese ver tamén, a exposición "Os veos da paisaxe" de Eduardo Estévez. As imaxes do proxecto fotográfico naceron en 2004 durante unha serie de viaxes periódicas que realizou o escritor polo Concello de Xermade, aínda que, despois, seguiu desenvolvéndose por outros espazos de Galicia).
Eduardo Estévez naceu en Buenos Aires onde residiu ata 1990. Á idade de 16 anos empezou a frecuentar o taller literario do periodista, xornalista e escritor Daniel Arias. En 1990 publicou o seu primeiro libro de poemas. Ese mismo ano trasládouse a Caracas e àrticipou no taller literario do Centro de Estudios Latinoamericanos Romulo Gallegos, coordinado polo poeta Harry Almeida.
En 1994 ve a luz o seu segundo título, froito do seu primer encontro coa poesía en lengua galega. En 1995 trasladouse a Galicia instalándose na zona de Santiago de Compostela. Comezou a frecuentar actos literarios e atrabar relación con varios poetas das novas xeneracións.
Iniciou a súa produción en galego que veu a luz por vez primeira en 1998. Ademais cordina obradoiros literarios en centros educativos e bibliotecas municipais ao longo da xeografía galega e participa da fundación de dúas editoriais: Letras de Cal e Retagarda Edicións.
Colabora tamén en publicaciós periódicas e é responsable dalguns blogs sobre temas literarios e de actualidade. Desde 2006 reside en A Coruña.
N asua obra sobresaen Catedrales de perfil, Ya tan deshabitado, Só paxaros saíron desta boca (Accésit do Premio Miguel González Garcés 1997), Lúa gris (Finalista do premio Tivoli Europa - Vigo, Edicións
Xerais 1999), Os veos da paisaxe, Caderno apócrifo da pequena difunta (XV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2002 de Sada, Derrotas (VI Premio de poesía Concello de Carral), Postais (texto escrito en colaboración con Caro Erlich), Mapas para describir a ausencia, Itinerarios (antoloxía coral de textos de Eduardo Estévez realizada por Estevo Creus, Marta Dacosta, Celso Fernández Sanmartín, María Lado, María do Cebreiro, Antía Otero, Baldo Ramos, Rafa Villar e o propio autor e Cpntruccións.