Sábado, 20 de marzo de 2010 - 18:15 h
1-m

A Executiva do BNG xustifica que Quintana non dimita para evitar "baleiro de poder" e convoca consello Nacional para o 14

Estudará non esgotar o prazo para celebrar a Asemblea Nacional, pero rexeita que coincida coas eleccións europeas.
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 (EUROPA PRESS) Actualizado 04/03/2009 - 22:16 h.
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

A Executiva do BNG descarta unha dimisión inminente do seu voceiro nacional, Anxo Quintana, tras os resultados electorais do 1-M --que supuxo a perda dun escano no Parlamento--, posto que crearía un "baleiro de poder" no seo do BNG e un "ensimesmamento" interno nun momento en que a formación decidiu priorizar o seu traballo ante a crise económica ao debate interno.

Con todo, a formación nacionalista decidiu abrir un período, ao que denominou de "reflexión", de forma que tras a reunión da Executiva celebrada onte, o Consello Nacional do BNG --máximo órgano de decisión entre asembleas-- reunirase o sábado día 14 para analizar os continuos retrocesos electorais desta formación, así como definir obxectivos ante o novo panorama que abriu a perda do poder na Xunta e o consecuente pase á oposición.

O máximo órgano do BNG pretende tamén avanzar no debate acerca das persoas adecuadas para levar adiante os novos retos que se lle abren á formación nacionalista, pero as fontes da Executiva consultadas por Europa Press insistiron en descartar unha dimisión inminente de Anxo Quintana.

Estas fontes xustificaron o calendario decidido polo Bloque para abordar o novo panorama que abriu o 1-M, así como a continuidade de Anxo Quintana á fronte da portavocía nacional para evitar "un baleiro de poder" no arranque dunha nova lexislatura e a tres meses das eleccións europeas. Ao respecto, argumentaron que o BNG conta con procesos "internos democráticos" que están regulamentados para afrontar este tipo de decisións.

De feito, destacan como "relevante" que no Bloque "non houbera chamada de ninguén" para obrigar á dimisión do voceiro nacional, en referencia velada á decisión do candidato socialista e presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño.

    ASUNCIÓN DE RESPONSABILIDADES

Pola contra, os nacionalistas reivindican o seu sistema interno para a asunción de responsabilidades e aseguran que Anxo Quintana "non se aferrou ao cargo". As fontes da Executiva consultadas aseguraron, ademais, que os outros 14 membros deste órgano de dirección están dispostos a "acatar" as decisións do Consello Nacional en caso de que se estendese a eles a solicitude de responsabilidades polos resultados electorais.

Deste modo, o BNG rexeita un proceso extraordinario "en quente" tras as eleccións, posto que o seu "calendario" xa obriga a convocar a Asemblea Nacional ordinaria antes do mes de novembro. Antes dos comicios do domingo estaba pensado esgotar este prazo, pero agora poderíase adiantar para xusto antes do mes de agosto, aínda que o debate interno sobre esta data aínda non foi aberto nos órganos de decisión.

O regulamento interno do Bloque estipula un prazo de tres meses de duración para a celebración dunha asemblea, xa que esta deberá convocarse con máis de 60 días de antelación. O proceso péchase definitivamente 30 días despois do conclave, tras a remisión das decisións da asemblea ás bisbarras.

    ELECCIÓNS EUROPEAS

Por iso, membros da Executiva consideran "irresponsable" convocar 'ipso facto' a asemblea, posto que o debate se produciría en pleno proceso electoral europeo. Así, mentres que non se produza esta asemblea, Anxo Quintana continuaría como voceiro nacional do Bloque.

Así, os nacionalistas buscan non incorrer nun "baleiro" de dirección para afrontar con garantías o arranque da VIII Lexislatura e poder exercer os labores de oposición ao PPdeG, que agora conta cunha maioría absoluta ampla de 39 deputados, á espera do reconto do voto emigrante.

Neste sentido, consideran un acto de responsabilidade coa cidadanía "gobernar a casa" cun sistema democrático interno, aínda que admiten que, socialmente e, especialmente "os votantes do PPdeG", preferirían que se sinalase un culpable. Non obstante, recordan o conflito "que sufriu o PP nacional" despois de que Mariano Rajoy perdese as eleccións xenerais en que uns "se pelexaban cos outros".

En contraposición, as mesmas fontes nacionalistas ven "lóxico, bo e democrático" que a decisión dun novo voceiro nacional se faga "coa opinión de todo o mundo" nunha asemblea e que se pidan, nos organismos internos, as responsabilidades pertinentes ante uns resultados que "son malos".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
BIERZO CASTELLANO
Paulo
2009-03-05 14:24:44
Desculpa César,mas o Bierzo é Castelhano, segundo a Lei e Galaico segundo a sua cultura. Confundir a administraçom coa identidade é de bem burros. Normal que associes a vitoria do PP com isso de "leonés", é o PP o partido dos etnocidas que buscam a eliminaçom das diferenças culturais para impór (colonizar) um modelo alheo aos lugares; um proceder improprio dum demócrata e mui próximo ao genocidio.
2
Os dous de sempre
upghaloresentido
2009-03-05 12:53:49
Os problemas do BNG son os dous de sempre: Son 7 ghatos e 8 familias... Menos lingüístas e máis psicoanálixe... Primeiro que sepan o que queren ser..e despoís que nolo expliquen ós galegos... A ver se así vai...
3
Refundación Xa.
xancarballo
2009-03-05 11:26:48
Haber, xa levamos 4 días, hai que acougar un pouco, no goberno fixeron cousas ben; normas para casas con luz, garderías para nenos e vellos, un concurso de recuperación da enerxía do país. Mais, o problema é de comunicación coa SOCIEDADE GALEGA, algúns pensan que pegando carteis, berrando Galiza Ceibe, e exposicións da memoria,.. os galegos van votar BNG. Ten que voltar a INTELIXENCIA, o BNG, era o referente de ecoloxistas, pacifistas, axentes sociais, mestres, moz@s labregas,..Iso abandonouse, os titulares de prensa xa chegaban de abondo, deixáronse nas cunetas a xente que loitou moitísimo nas asociacións de veciños, culturais, etc..., coa Voz da prensa chegaba, ademais, de ir colocando burras pardas de asesores. En fin, a refundarse de novo, DIMISIÓNS XA.
4
bierzo leones
cesar
2009-03-04 18:18:30
hola me alegro que ganara el pp soy del bierzo viva el bierzo leones
5
Sentidiño
Pavía
2009-03-04 17:45:27
Esto parece máis ben un axuste de contas. Beiras actúa coma si fose o dono da empresa e nestes intres debe dar exemplo de cordura.Menos mesianismo e máis apoio. Compre valorar que é o que se fixo mal pero sin arroutadas. Hai xente no grupo fracasado(?)de moita valía que conven manter.Non é tempo de caza de bruxas nin tampouco de voltar ao monte.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.