Viernes, 12 de marzo de 2010 - 14:04 h
1-m

O BNG replica a Beiras que “opine” no seo da Executiva

Alberte Ansede lamenta que o líder histórico só expresase as críticas aos actuais dirixente ante os medios de comunicación.
Xornal de Galicia Actualizado 08/03/2009 - 00:25 h.
12 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 17 voto/s

O posicionamento público do ex portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, sobre as causas da derrota electoral do pasado domingo e a petición de demisións da Executiva na que o antigo líder da formación exerce, desde a pasada Asemblea Nacional, a responsabilidade de Alternativas Programáticas en representación do colectivo Encontro Irmandiño causaron un sensible malestar no seo da dirección do Bloque.

Se ben dende a propia Executiva se opta pola prudencia e, deste xeito, non existe un posicionamento sobre “o contido” dunhas declaracións nas que Beiras insta a todos os membros do órgano de dirección a “pór os seus cargos a disposición”, o secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede, mostrou onte, en declaracións a Xornal de Galicia, a súa incomodidade por mor de que estas consideracións cheguen mediante unha declaración aos medios e non a través do debate interno.

En opinión de Ansede, “foi unha mágoa” que o líder histórico da formación “non trasladase as súas opinións na reunión da Executiva do luns”, á que Beiras non asistiu e, pola contra, di, “si o fixese pasados dous días e nos medios”. Segundo o político nacionalista, ao optar pola discrepancia ante os medios no canto de participar nas convocatorias dos órganos internos, “priva de valorar as súas propostas” aos membros da dirección nacionalista.

Fronte ao que o responsable de organización do BNG limita a unha “posición persoal do señor Beiras”, Alberte Ansede explica que a dirección do Bloque “seguirá o camiño trazado” no marco da “nova situación” creada logo dos resultados dos comicios, unha folla de ruta que, en todo caso, afirma, pasa pola “toma de decisións colectivas” que virán determinadas “polos órganos e polas asembleas”.

“Decisións colectivas”

O resultado das urnas e a decisións a tomar logo da perda das responsabilidades de Goberno será, segundo explica o secretario de Organización do BNG, “analizada e debatida por toda a militancia” e “para iso”, explica, “xa está convocado un Consello Nacional”. “A partir de aí”, apunta Ansede, “celebraranse consellos e asembleas comarcais e tamén unha Asemblea Nacional”.

En calquera caso, Ansede fai especial fincapé no feito de que “no BNG as decisións son colectivas e as responsabilidades tamén o son”. Deste xeito, e ante as peticións de responsabilidades e dimisións expresadas por colectivos críticos como Esquerda Nacionalista, Movemento pola Base ou o propio Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras, Ansede subliña que “todos estamos sometidos en todo momento ás decisións da militancia”.

O proceso de debate interno, di, servirá tamén para definir posturas no “plano social” no que, di, o BNG se está “preparando” para “non deixar sen contestación calquera ataque do Partido Popular ás conquistas destes catro anos”, como “as galescolas”, o “concurso eólico” ou “o decreto de uso da lingua galega”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Alberte Ansede
toño
2009-03-07 09:53:30
Ansede ten moita razon, non ten o señor beiras nada que cacarear nos medios e calar donde realmente ten que decilo, pero tamen ANSEDE teria que mirarse nun espello e ver que tal foi o seu traballo na campaña, di que a dirección do Bloque “seguirá o camiño trazado”, e digo eu, ¿trazado por quen?, Á militancia fai tempo que lle chega todo moi encorsetado.
2
Aínda estamos a tempo
Xerome Meloc
2009-03-06 23:56:57
Na UPG, e nos seus arredores, hai, como en botica, xente boa e xente mala. Nos Anti-UPG ocorre exactamento o mesmo (chámolles así porque son xente moi heteroxénea, cuxo único nexo é ser anti UPG; non o fago con carácter despectivo, se non para nos entender doadamente). Neste intre o BNG corre un certo risco de escisión. Bon é lembrar o que ocorre sempre que un partido entra nestas dinámicas suicidas: véxanse os casos de Coalición Galega, Izquierda Unida, ou Coalición Canaria. Por iso, e por elemental patriotismo (habida conta a imperiosa necesidade que Galicia ten do BNG), hai que chegar aun acordo que sexa “razonablemente razonable” entre todos, ou alomenos entre casi todos (deixemos a un lado ós oportunistas ou ós carcomidos polo odio a todo o que non sexa eles mesmos). Non pode, ou alomenos non debe, facerse nada no BNG de espaldas á UPG ou contra a UPG, dado o peso interno que esta ten. Pero do mesmo xeito tampouco debe facerse pola UPG nada de espaldas ou contra a Anti-UPG. Fai falla un acordo interno no que todos cedan algo, e todos fiquen algo descontentos, síntoma evidente de que todos cederon en aras do ben común. Hai que procurar un lider solvente, que dificilmente poderá ser da UPG; pero que tampouco pode ser alguén claramente inimigo da UPG. Ten que ser un lider de todos. Ten que ter carisma cara a sociedade, solvencia intelectual, sona de honradez, etc. Neste senso carece de toda lóxica que sexa Beiras (hoxe o maior e máis serio inimigo interno da UPG) ou Camilo Nogueira (pois a UPG interpretaríao como un ataque); pero igualmente ridículo é que sone o nome de Bieito Lobeira ou Ana Pontón (xente carente de experiencia na vida real, fora do BNG; xente de pouca ou nula preparación, en fin xente sen atractivo social ningún, aínda que poidan ter moito carisma interno nunha parte do BNG). Se buscamos con xenerosidade atoparemos. E se non atopamos, teremos que poñer máis xenerosidade. ¿E se aínda así tampouco atopamos a alguén que nos sirva a todos (ou a case todos?; pois entón haberá que ir a unha asemblea nacional. Esta deberá ser aberta a toda a militancia, como esixe Beiras con moito tino pero con maior arrogancia. E quen gañe deberá integrar a quen perda (cousa que non soubo facer Quintana); pero quen perda terá que deixarse integrar (cousa que non quixeron facer Beiras e Camilo). Como se ve a culpa desta situación é de todos. Uns terán unha miguiña máis, e outros unha miguiña menos. Mais esta maior ou menor culpa non vai por colectivos, senón por persoas. Algúns portáronse mal, e outros fatal. Beiras e Camilo, ¡actuade con xenerosidade e intelixencia! UPG e Quintana, ¡actuade con intelixencia e xenerosidade! Estamos a tempo. Xerome Maeloc 7 Marzo 2009
3
DIVIDE E VENCERÁS
Dobo
2009-03-06 22:24:54
A división do BNG e a amillor noticia para o presidente antigalego e para Madrid, mentres o acoso e derribo do noso idioma segue o seu curso, senque nadie lle poña freo. Por certo, Beiras cantas eleccions ganou?
4
UPG HIPOCRITAS!
Lostrego
2009-03-06 22:16:42
Critican a Beiras por dar a coñecer os enfrontamentos fóra dos vieiros internos do BNG pero esquecen que os militantes coñeceron por ese meios informativos que ia estar nas listas electorais UN DIA ANTES da presentación oficial nas asembleas do propio Bloque. Que é realmente o que traiciona???
5
Medo ó éxito
manolo
2009-03-06 17:59:51
O marxismo e o feminismo non poden marcar as directrices da polítca do BNG. Non se pode facer unha candidatura na que se excluia das listas a Beiras, porque é mas importante poñer a unha muller, polo das listas cremallera, admáis de unha descoñecida. Non se pode presentar a un ou unha candidato descoñecidos por Pontevedra, cando podiamos ter uns bos resultados presentado a Camilo Nogueira. Simplemente a algúns prefiren gardalas esencias e estar na oposición. Non lles importa exixir pureza ós militantes do Bloque e, despois baixan os pantalóns en pactos co Psoe.
6
serea
2009-03-06 16:01:23
Mediocres hai moitos, comenando polos que lle votan a culpa aos que, polo menos, traballamos e demos a cara polo BNG, namentras outros agardaban tranquilamente que as cousas saíran mal para recoller o froito que sementaron. No que a min respecta, non conqueriran o seu desexo.
7
Anxela Bugallo
Sabela Pérez
2009-03-06 15:21:59
O que pasou con Anxela Bugallo é o mellor síntoma da dinámica de mediocridade do BNG....
8
patético
Salustiano Cibrao
2009-03-06 13:05:50
Bravo, Ansede! Ademais de seres dos máximos responsábeis da debacle do día 1 (foches responsábel da campaña, non si?) e de non teres a decencia de demitir motu propio, agora desempeñas o papel de verdugo do mensaxeiro, dese mensaxeiro que neste intre é a ÚNICA VOZ que está a dicir en voz alta o que pensamos moitos e moitas nacionalistas deste país. Patético ti e patético esa panda de "atornillados" á poltroa da que fas parte!
9
Poucas ideas e moitos intereses
Pilar Valiño
2009-03-06 12:16:43
O BNG convertiuse nunha organización pechada,que ten medo da sociedade e con total ausencia de ideas. A forza de cada "familia" na executiva,iso é o único que lles importa a moitos aparatchik bandulleiros. Eu apostaría a que Ana Pontón e Bieito Lobeiro vanlle dar a razón a todo o que diga Paco Rodríguez.....e de ben nacido ser agradecido.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.