Domingo, 21 de marzo de 2010 - 9:57 h
1-m

Feijóo provoca o primeiro paso atrás da democracia na defensa do galego

O futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que cumprirá a promesa que fixo en campaña de que sexan os pais os que elixan a lingua de estudos dos seus fillos de 0 a 3 anos. Adiantou que acabará coas galescolas e que derrogará o decreto de ensinanza, de xeito que desaparece a política da implantación progresiva do galego no ensino. Con estas medidas, dá o primeiro paso atrás dende a chegada da democracia na normalización do galego e incluso retrocede na política lingüística que marcou Manuel Fraga
Marcos J. Román / Santiago Actualizado 08/03/2009 - 00:25 h.
118 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 60 voto/s

O presidente do PP galego e próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, seguiu desglosando onte iniciativas postas en marcha polo bipartito que el erradicará en canto chegue ao Goberno galego e, nesa liña, avanzou que coa súa formación Galicia vai “volver ás escolas infantís”, fronte ás chamadas ‘galescolas’ impulsadas pola parte nacionalista do Executivo.

“Ímoslles chamar ás cousas polo seu nome”, indicou Feijóo, para quen o termo escolas infantís “é a denominación correcta” para referirse aos espazos de educación para nenos de cero a tres anos e ademais “non produce ningunha aresta nin problema”. Máis alá de cuestións semánticas, explicou que o obxectivo é que se ofreza a ensinanza “de acordo coa decisión dos pais”, é dicir, “se os pais queren que o primeiro idioma para ler e escribir sexa o galego se respectará, e se pola contra prefiren que os seus fillos aprendan en castelán, se respectará”.

Deste xeito, o PP daralle a volta á política lingüística seguida nas galescolas, contra as que os populares se manifestaron durante toda a lexislatura, do mesmo xeito que contra o chamado decreto do galego na ensinanza, que Feijóo tamén se comprometeu a derrogar como primeira medida de goberno.

Pouco e pouco o vindeiro xefe do Executivo autonómico vai anunciando todas aquelas cousas que pretende cambiar das postas en marcha polo bipartito, algunhas delas xa avanzadas na campaña, o que lle dá pé a dicir que as reformas contan co respaldo dos galegos nas urnas. Así, tamén onte deixou claro que non quere seguir co modelo establecido no Consorcio de Servizos Sociais, por ser “pouco eficiente e moi caro”. O líder popular non concretou a alternativa que propón, xa que prefire facer antes un “análise” da utilización dos servizos públicos para despois repensalos, “sen poder prexulgar cal vai ser a fórmula administrativa que imos acometer”.

En todo caso, avanzou que contará moito cos concellos e que a maior parte dos cartos empregados no sistema irán parar aos maiores e moito menos á Administración, xa que na actualidade, segundo el, “se gasta máis en burocracia que en prestación de servizos aos maiores”. Núñez Feijóo non pechou a porta á privatización do sistema, minutos despois de que o seu presidente provincial na Coruña e deputado, Carlos Negreira, a abrise por completo ao indicar que “hay que resolver el problema ahora y darle una salida” á situación dos servizos sociais que segundo dixo pasa por “aprovechar y concertar con residencias privadas” para que no haya mayores a la espera de una plaza.

“Por ideologizar la gestión se ha mantenido el problema”, interpretou Negreira, quen por outra banda considerou que no sector acuícola non se avanzou nada nestes catro anos e que avogou por permitir a instalación dunha macropiscifactoría en Cabo Touriñán. “A Rede Natura non prohíbe todo, senón determinados usos”, explicou o presidente provincial dos populares coruñeses.

Construción no litoral

Nese sentido, o líder do seu partido coincidiu en que a instalación dunha planta acuícola nesa zona tiña “toda a normativa ambiental aprobada”, aínda que tamén recoñeceu que quizais agora a empresa –Pescanova– non desexe seguir co proxecto na actual situación de crise económica. “Galicia enteira sabe que queremos potenciar a Costa da Morte”, insistiu Feijóo, que na especie de contrarreforma que propón tamén avanzou que pedirá ao Goberno bipartito que no traspaso de poderes lle facilite o plan do litoral que deixou encargado cando era conselleiro no ano 2005. Será entón, tras analizar o documento, cando decida se renova a prohibición de construír na franxa de 500 metros máis próximos á costa, que finaliza o vindeiro mes de maio.

Finalmente, reiterou unha vez máis a súa intención de “revisar o concurso eólico” e explicou que o fará “coa intensidade” que marque a Asesoría Xurídica da Xunta, á que encargarán un informe ao respecto.

No ámbito estatal, o presidente do PP galego tamén foi consultado polo feito de que a Fiscalía non atopase indicios de delito contra os aforados nacionais no caso Gürtel. “Rematou a campaña electoral, iso é unha boa noticia para todos”, concluíu o líder popular, que deste xeito vinculou a actuación xudicial coa celebración das eleccións autonómicas en Galicia e en Euskadi. En todo caso, dixo confiar no poder xudicial.


Situación do pp en ourense

Por outra banda, Alberto Núñez Feijóo negou onte que ningún compañeiro seu en Ourense lle falara a necesidade de afrontar xa o relevo de José Luis Baltar como presidente do partido na provincia e dixo que ten pendente unha conversa co barón ourensán que “nin se produciu nin ten data”. Nesa mesma tese concordaron fontes próximas ao dirixente ourensán, que explicaron que mantén a súa disposición a facilitar o relevo á fronte da provincia “canto máis pronto, mellor”, “sen traumas” e co apoio dos militantes. En todo caso, apuntaron que non está previsto que o asunto da sucesión se trate na reunión da Xunta Provincial que ten lugar hoxe e á que asisten tanto Feijóo como Baltar.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
parece se calma o dragon das sete colas
patoco
2009-03-08 22:37:03
hoxe vendo a prensa(eso que levou o pp o poder)vexo que o frijolito vai baixando os seus fumes,leva toda a seman de "presidente electo"anunciando a empresa DERRIBOS FEIJOO,nunca lle vin publicitar CONSTRUCCIONS FEIJOO,o asesor de imaxen hoxe propon(ista si da de construccions) onde taba o mar molino,facer 200 apartamentos,total xa tava edificado. na lanzada temos miles de kilometros de area improductivos,fagamos 2000 adosados queda bastante area,corrubedo,eso e unha aberracion.deixar iso a naturaleza,se edificamos iso,cantos chalets,"asi disfrutamos del mar" no interior o mesmo ,urbanizacion 500 adosados¿pero cagan e mexan?onde.....eso e feijoo e o pp
2
RIPgalegofalantes
patoco
2009-03-08 00:55:37
como galegofalante,tou vendo a pelicula "el lector"a verdade co o que di esta xente co galego sintome coma eles,calquer dia van decir somos enfermos mentais e nos encerran,eu a igual a protagonista non me enseñaron leelo nen escribilo,son autodidacta,viva o galego e viva galicia
3
respuesta a alfonso
patoco
2009-03-07 23:03:06
alfonso prohivir es malo,te lo dice alguien que lleva años sin escribir en la lengua de cervantes(que no tiene que ver con este idioma)deja que tus hijos hablen lo que su instinto les diga,sera mejor para ellos,tus fobias si eres buen padre metelas en un cajon y guardalas con llave,ellos con el tiempo te lo agradeceran
4
sexamos serios
patoco
2009-03-07 17:28:41
teño dous fillos,levanse moitos anos,nunca me preocupei do idioma,cada mestre daba o seu como mais comodo ou mais doado lle parecia,o maior e galegofalante,mais eu coñezo compañeiros que son castelanfalantes,o pequeno niste intre e castelanfalante,deixemonos de tolerias e imnato dos rapazes a fala,na miña casa falase galego,os abos non sabian outra,nen a saben,eu quero que o meu fillo(o maior vola por el)fale a fala dos seus ancestros,ninguen por falar galego deixa de saber castelan,postos nesto eu quero as troncales en galego pra meu fillo,que ningun fillo..............que me quite o meu dereito
5
IDIOTEZ
Pacucho
2009-03-07 16:26:25
O termo fai referencia a "unha enfermedade mental caracterizada po la deficiencia casi total das facultades psíquicas ..." e decir xente que non entende o que se dí. Tomen nota SRES.!
6
el cuento del lobo
piluco
2009-03-07 01:06:25
todos rebuznan por que no saben hacer otra cosa.el cuento deque el gallego se acaba ya no nos lo creemos,ante de que ocurra eso será la especie humana la que se extinguira,a ste paso no llegamos al fin de siglo,ya lo dijo s.hopkings cuando vino a santiago 100 o 150 años todos al carajo,sois pateticos siguid ladrando vuestro odio yo no juego
7
REFERENDUM YA !!!!
Alfonso
2009-03-06 23:52:26
En vista de las posiciones tan enconadas, lo normal sería hacer un Referendum y prohibir la lengua que lo pierda. ¿Estais dispuestos? Eso sería muy democratico, no?
8
Manda carallo
Pavía
2009-03-06 23:38:25
Peor imposible. Minte máis que fala. Como se pode un fiar dunha persoa que non cumple os acordos asinados polo seu propio partido. Eso sí... quere ser o presidente de todos. ¡A mín que me rexistren!
9
colexios PP
patoco
2009-03-06 23:34:28
se eiqui se ataca o castelan¿como noutras comunidades rexidas polo PP,se deixan estar colexios que dan so ingles e frances?sen dar ninguna clase en ninguña lingua peninsular,por certo teño un audi e casi me da melo sacalo a rua

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.