Miércoles, 17 de marzo de 2010 - 5:20 h
1-m

O persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar enfróntase a Feijóo e defende a "eficiencia" do servizo

Os traballadores asinaron un comunicado que califica o actual sistema asistencial como de "calidade", "público" e "especializado", fronte ao antigo e futuro, do PP
Xornal de Galicia Actualizado 06/03/2009 - 23:31 h.
13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

Tanto o líder dos populares, Alberto Núñez Feijoo, como o presidente provincial do PPdeG pola Coruña, Carlos Negreira, poñían definitivamente na picota esta quinta feira o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Se a primeira hora da mañá, o futuro presidente da Xunta cargaba dende unha radio de Madrid contra as galescolas -unha das pólas do sistema de xestión dos servizos sociais, impulsado polo Goberno-, horas máis tarde, en conferencia de prensa, condenaba á poda o resto da ramada asistencial: a atención aos maiores, as Oficinas de I+B (inclusión social, igualdade, apoio ás familias), os centros Quérote, e o programa Xantar na Casa.

"É un modelo de xestión pouco eficiente e moi caro, que gasta máis en burocracia que en asistencia", aseguraba Feijoo que, tal e como avanzara durante a campaña electoral, ratificou ademais que se 'municipalizará' a xestión dos servizos sociais e insinuou a súa posíbel privatización (en troques do modelo público e centralizado, que defende o BNG, ou o público e municipalizado, polo que avogaba o PSdeG).

Case ao mesmo tempo, nunha outra comparecencia, Negreira secundaba as afirmacións do seu presidente, asegurando que había máis de mil prazas privadas que poderían estar concertadas, para que moitas das persoas que permanecen sen asistencia botasen beneficio delas.

 

Comunicado dos traballadores


As críticas non sentaron nada ben entre os principais afectados e aludidos: os traballadores e traballadoras do Consorcio que fixeron público un comunicado de sete puntos este venres onde manifestan o seu malestar polas declaracións dos dirixentes populares, e poñen en valor tanto o seu labor profesional como o do propio sistema.

"A 'eficiencia' do Consorcio tense demostrado coa implantación, posta en marcha e xestión, nos últimos dous anos, de equipamentos de servizos sociais no territorio galego, que tiña antes a dubidosa honra de situarse á cola de todas as estatísticas en canto a ratios de cobertura de servizos sociais", afirman.

Consideran neste senso que o Consorcio "contribuíu, de xeito importante a darlle volta a estas estatísticas" para se achegar á "media estatal e europea". "Está é a falta de eficiencia?", cuestiónanse. Ademais, afirman que "é unha mágoa que un instrumento que está a vertebrar unha rede de equipamentos públicos (...) sexa considerado como un 'problema'".

Tamén, recordan que o Parlamento aprobou unha Lei de Servizos Sociais onde "explicitamente se recolle" que "o Consorcio, rexido polos seus estatutos, promoverá a coordinación e cooperación efectiva cos concellos galegos, a fin de asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais en todo o territorio" de Galiza. Pregúntanse, xa que logo se "está prevista a derrogación desta lei".

 

"Rede de recursos públicos e de calidade"


Ao respecto, expoñen que "o 49% da representación do Consorcio é dos 267 concellos adheridos até a data". Concellos "de todas as cores políticas", que están "representados en todos os órganos de xestión, dirección e planificación do Consorcio", polo que sosteñen non se pode falar de "marxinación".

O Consorcio, salientan por último, "dignificou o traballo de moitos profesionais do ámbito educativo e dos servizos sociais" de profesións "historicamente esquecidas", e estes coa súa "capacidade", "dedicación" e "esforzo" fixeron posíbel que Galiza, "por primeira vez, conte cunha rede de recursos públicos, de calidade, eficaces e altamente especializados para o uso de toda a sociedade galega".

 

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
¿quen sae perdendo?
Lorena
2009-03-08 20:11:22
Se o Consorcio Galego desmantelase, ademais de que tod@s @s traballadores/as (q entraron por oposicion ou lista da agarda) se irán a rua, serán as persoas que dependen destes servizos as que sairán perxudicadas. A ver si nos damos conta dunha vez que traballamos CON PERSOAS! non se pode crear servizos e sacalos según lles veña @s politicos de turno. O Consorcio esta a dar unha solucion a toda a poboación. NON SE PODE XOGAR CA XENTE.
2
Espartaco (Cabreados) somos todos.
JR
2009-03-07 19:38:15
Sintoo polo chiste malo do titulo pero non o poiden resistir. O de “…que se cumpla la Constitución…” é cojonudo; é o caixón de sastre mais socorrido que se me pode ocurrir. Podes estar seguro que non se incumple a Constitución e senón xa o verás co paso do tempo como non a ser un problema legal o da oposición da que falamos. ¿Qué non se respeta o principio de igualdade? Xa verás como si…xa verás como non ha ir por ahí o conto. A práctica totalidade dos baremos que se utilizan en tódolos concursos deste tipo poden ser considerados inxustos dende o punto de vista do que se presenta por primeira vez non o vou discutir, entre outras cousas porque xa me tocou vivilo, pero non ilegales. Ten por seguro que o que realmente lle importa o PP é poder mercadear cas galescolas, poder utilizalas a súa conveniencia, para os seus alcaldes (muitos dos cales estaban no Consorcio, ¿Ou non?) e para que estes a súa vez poidan darlle a xestión a outros acólitos e que a cadea de servilismo e venta de favores poida reanudarse logo destes tres anos e medio de paréntesis. Hai varios dos posts que falan dende dentro e defenden a xestión dos centros e a adxudicación de plazas , pero esos mensaxes non serven, son interesados, pertenecen a corruptos acólitos dos nacionalistas…pois mira Cabreado, por sorteo u por desgracia da o mesmo e o tempo poñera a cada quen no seu lugar…ou non, porque si o tempo puxese realmente a cada quen no seu lugar eso significaria que todo o mundo recordaria o que eran os servicios sociales hai catro anos…todo o mundo recordaria o anterior concurso eolico… todo o mundo recordaria quen revendeu as autopistas galegas… Perdoa Cabreado, non podo seguir, o WC esta a chamarme e isa e unha chamada que non se pode desatender.
3
GALESCOLAS LOE (Ed. Infantil 0-6anos)
Xulio
2009-03-07 15:11:18
Educación Infantil de 0-3 e de 3-6 dependendo da Conselleria de Educación, con oposicións LOE, que profesionalice aos estudiantes e non un sistema que pon en sospeita dos seus méritos, que algúns teraios pero non é suficiente. Esta viciado o tema dende a súa creación. Esto botabase en contra da lexitimidade dos mestres/as. En Educación un uniforme (mandil)? por favor o sistema do Benestar se non unánime, si por consenso, que nin o Bi-partito estaba de acordo.
4
quiere pruebas
indignados y cabreados
2009-03-07 15:04:05
oposiciones a la carta,donde se valoran con 10 puntos a los que han entrado a dedo y sin transparencia,por lo que un opositor libre con la misma preparación,título y conocimientos no tiene nada que hacer,es decir oposiciones cerradas en la práctica(perversión del principio de igualdad y del art.23 de la const.española)valoración dispar de cursillos de especialidades determinadas estableciendo una desigualdad en función de la administración del ESTADO donde se han realizado,0,10 para unos y 0,70 para los gallegos,aúnque sean los mismos.(desigualdad territorial,por ciertobases recurridas por asociaciones sindicales hace pocos día,espero que la justicia les dé la razón)reducción de los temarios a un tercio de los que se establecen para los funcionarios del resto de la administración a la xunta.es decir que uds. aceptan desde su ética partir en unas supuestas oposiciones con hasta 13 puntos antes de hacer las pruebas,frente a los libres que sacando 10 en esas mismas pruebas se quedaran sin la plaza.pero tranquilos no son uds. los que tienen la culpa ni siquiera los responsables(comprendo las debilidades humanas,pero no traten de engañarme o hacerme comulgar con ruedas de molino)no los auténticos responsables son los políticos que ocupando cargos de responsabilidad cometen la irresponsabilidad(ilegalidad)de de imcumplir el mandato constitucional que hace que españa sea un estado de derecho y por lo tanto evite las arbitrariedades.desde luego no cuestiono aquellas oposiciones que respetan esos principios de igualdad,merito y capacidad,por ese orden de preferencia,por que así lo establece la constitución.Como decía anguita hasta la saciedad:"que se cumpla la constitución"...y que razón tenía 30 años después seguimos en las mismas o peor.
5
Estupefacción
y mucha indignación
2009-03-07 13:39:12
Soy una trabajadora del Consorcio Gallego de Servicios de Igualdad y bienestar, he pasado un proceso de selección por oposición libre (me pregunto cuantos procesos hay en la xunta que sean oposición libre y no concurso oposición) a mi nadie me ha obligado a hablar en gallego, y desenvuelvo mi trabajo de la mejor manera posible sin ningún tipo de condicionamiento externo de carácter político. Pienso que por hacer demagogia política se está poniendo en entredicho la profesionalidad de 1100 trabajadoras y trabajadores de esta entidad sin ningún tipo de pudor ni prueba.
6
cabreados e indignados
cabreados e indignados
2009-03-07 13:39:08
no me dirijo a los que tratan de justificar estos procederes, no valen la pena,no apelo a su conciencia democrática no la tienen,no me dirijo a los que desde su raquitismo intelectual no tienen más argumento que descalificar a las personas que denunciamos la corrupción y el nepotismo,practique quíen lo practique,ejercemos la crítica de un sistema que lleva años haciendo aguas por todas partes(el hecho de que la administración publica halla muchas veces pisados los derechos constitucionales de todos no justifica que todo el mundo tenga derecho a seguir cometiendo esta estafa a la democracia,entre otras muchas cosas porque muchísimos ciudadanos hemos sufrido las consecuencias de semejantes desmanes y jamas hemos recurrido a la puerta de atrás por que nuestra ética ciudadana y nuestra dignidad democrática nos hace ser responsables y respetuosos con el principipo de igualdad ciudadana)es ud.y no yo el que se pone en evidencia al acusarme de una práctica que denuncio,sin entrar en el fondo del asunto ud. se está acusando así mismo de defender y justificar esas prácticas antidemocráticas,costumbre muy española para nuestra desgracia,sólo le recuerdo que han sido los propios comités de funcionarios de la xunta con su presidente al frente los que denunciaron tales tropelias,sufriendo además unas presiones del poder político sencillamente impresentables en democracia,sólo una sociedad civil fuerte en la que no se perviertan los valores democráticos se podrá acabar con este cancer que horada las instituciones,algunos ciudadanos ya hemos emprendido el camino,otros espero que cada vez menos nos atacarán por que ya sabemos lo que defienden lo que han ganado de forma ilegal y torticera.Revolución democrática YA!
7
¿1000 enchufados?
juan gonzalez garcia
2009-03-07 13:30:00
Seamos serios por favor. Enchufados hay en TODAS partes pero para enchufar a 1000 trabajadores...el problema es que el politiqueo está haciendo perder la perspectiva sobre el buen trabajo hecho en estos ultimos años por el consorcio, cientos de plazas publicas en guarderias y centros de mayores
8
a favor do consorcio
eneas
2009-03-07 13:14:42
Eu traballo no consorcio, nun centro de dia de maiores.Non teño nin fialiación política nin sindical.Levoume o consorcio a miña traxectoria profesional e os meus coñecementos, os cales demostrei nun exame.Vanse cargar algo publico de calidade.Falo por propia experiencia.Traballei en Madrid, e ali os servicios publicos estaban privatizados, e eran un autentico desastre.
9
Para cabreados e indignados
Mentirosos y manipuladores todos
2009-03-07 12:45:19
Mi primo es del PP y esta trabajando alli en un alto cargo. No creo que sea sospechoso de enchufismo. Y como el la maioría de los que están alli. Pero claro cre o ladrón que todos son da súa condición.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.