Cataluña debate se a metade dos filmes deberían estar dobrados ao catalán

Cataluña senta as bases para fomentar o cine na súa propia lingua.
Xornal de Galicia Actualizado 09/03/2009 - 02:02 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

As bases da futura lei contemplan a creación do Fondo de Fomento da Internacionalización da Industria Cinematográfica co que internacionalizarán a industria catalá,cunha “marca propia” coa que se fará notoria a súa “singularidade”. O fondo que prevé crear esta lei terá que “alimentar financieramente” ás institucións, empresas e iniciativas que velen porque o cine catalán teña unha boa proxección exterior.

A aposta parece imposible en Galicia, que levaba intentando dende hai anos dobrar un mínimo de dez filmes ao ano, proposta que saíra da Xunta xa en tempos do Goberno Fraga, pero que nunca se chegou a cumprir. Logo de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística anunciara o ano pasado que non estaba interesada en absoluto na dobraxe de filmes, xa todo parece perdido.

As razóns que daban eran que está a haber unha mudanza nos hábitos de consumo, e que agora a normalización pasa pola Internet, onde están a poñer todos os seu esforzos. Outro dos motivos que deron foi a inviabilidade económica de manter tal sistema, pois as dobraxes ocupan altos presupostos que, segundo a secretaría, a Administración non pode asumir.


A outra cara da moeda

E mentres, en Cataluña, debátese se a metade de filmes deberían estar dobrados ao catalán. A Generalitat teno claro, pero as salas comerciais non parecen entusiasmadas.

A través dun comunicado, o Gremio de Empresarios criticou o proxecto de lei que anunciou esta semana o conseller de Cultura, Joan Manuel Tresserras, porque “os datos demostran que, cando unha película se proxecta en castelán e en catalán á vez, a distribución da audiencia é, de media, do 78,2% en castelán e o 21,8% en catalán”, din.

Fedicine, que representa ao 90% da distribución española e agrupa os representantes das principais majors norteamericanas, como a Universal ou Disney, tamén mostrou a súa oposición á norma.

Neste sentido, o presidente da Generalitat, José Montilla, afirmou onte en referencia a estas críticas que a situación do catalán no cine, no que ten “unha presenza” ínfima que non supera o 3% das películas que se exhiben en Cataluña, “non é de recibo”. “O catalán ten máis presencia na prensa escrita, en internet, na radio e na televisión. Algunha cousa pasa se a presenza é tan ínfima”, indicou Montilla

Pola súa banda, o vicepresidente do Govern, Josep Lluís Carod-Rovira, opinou que a proposta de lei non é atacable baixo o argumento do bilingüismo en Cataluña porque precisamente só aspira á igualdade entre o catalán e o castelán.

Para Carod, unha das “inxustizas máis claras” para os cataláns é a “desigualdade” entre catalán e castelán. Un dos casos máis “clamorosos” é o cine, co 90% da oferta en castelán e o 3% dobrada ou orixinal en catalán.

As produtoras, a favor

Porén, as produtoras non parecen protestar á hora de cobrar ás subvencións da comunidade, que dende o pasado ano dá puntos a aqueles filmes que presenten o proxecto para rodar en catalán.

O sistema é parecido en Galicia. Dende a Consellaría de Cultura, Ánxela Bugallo quixera potenciar a galeguidade das películas feitas no país, de maneira que se un se presentaba a unha subvención, tiña máis posibilidades de conseguila se o discurso contribuía a valorizar os elementos constitutivos da nación galega e se usaba o galego. Coa entrada do goberno do PP, a cuestión lingüística está en suspenso.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.