Lunes, 22 de marzo de 2010 - 1:45 h
1-m

A Executiva do BNG redactará a próxima semana un guión do Consello Nacional para avaliar os resultados do 1-M

A Executiva del Bloque Nacionalista Galego (BNG) redactará a próxima semana un guión para a reunión do Consello Nacional, convocado para o día 14 deste mes, no que se avaliarán os resultados electorais.
Europa Press 07/03/2009 - 13:15 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A dirección do BNG reúnese habitualmente os luns. Non obstante, o próximo encontro celebrarase cara a mediados ou finais de semana debido a "problemas de axenda" dalgúns membros, segundo fontes da Executiva consultadas por Europa Press.

En todo caso, no encontro previo ao Consello Nacional, o voceiro nacional, o coordinador executivo e os secretarios redactarán un documento, que incluirá datos das eleccións e reflexións sobre estes. Esta guía trasladarase aos membros do máximo órgano de decisión entre asembleas e arbitrar o debate.

Ademais, fontes da Executiva indicaron que ese día tamén se pechará unha proposta de calendario para o período aberto de "reflexión" iniciado polo resultado electoral, que supuxo a perda dun escano no Parlamento en relación á lexislatura anterior.

PETICIÓNS DE DIMISIÓN

Na reunión do pasado luns, unha das ausencias foi a do líder do Encontro Irmandiño e ex voceiro nacional, Xosé Manuel Beiras. O cabeza dos 'irmandiños' pediu, posteriormente, a "dimisión xa" de toda a Executiva e a convocatoria "inmediata" dunha asemblea nacional para a renovación dos cargos de dirección.

Pola súa banda, Mario López Rico, membro da Executiva e da corrente 'irmandiña', rexeitou a facer declaracións sobre se acudirán á reunión da próxima semana.

Esquerda Nacionalista (EN), que conta con dous membros no máximo órgano de decisión entre asembleas do Bloque, foi a primeira en adoptar a decisión de pedir a "dimisión" do voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana.

Pola súa banda, outra das correntes críticas coa actual dirección, Movemento pola Basee, tamén celebrou unha asemblea para avaliar os resultados electorais, pero decidiu non facer pública a súa postura ata trasladala no próximo consello Nacional.

Fontes deste colectivo afirmaron a Europa Press que a súa actitude "concorda" coa adoptada "sempre", xa que consideran que "é o máis leal para a organización" e o "adecuado para non enturbar o debate". "O demais prexudica ao Bloque" e serve para que "algúns se aproveiten", apostilaron.

REFLEXIÓN INTERNA

O BNG decidiu o luns abrir un período ao que denominou de "reflexión", de forma que tras a reunión da Executiva celebrada o luns, o Consello Nacional do BNG analizará os continuos retrocesos electorais desta formación, así como definirá obxectivos ante o novo panorama que abriu a perda do poder na Xunta e o consecuente pase á oposición.

A Executiva do BNG descarta unha dimisión inminente do seu voceiro nacional, Anxo Quintana, posto que crearía un "baleiro de poder" no seo do BNG e un "ensimesmamento" interno nun momento en que a formación decidiu priorizar o seu traballo ante a crise económica ao debate interno.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.