Lunes, 22 de marzo de 2010 - 1:20 h
1-m

Unha nova etapa; un novo país?

O PP gañou tamén por ser o que mellor leeu a socioloxía dunha Galicia cada vez máis urbana
Rodri Suárez Actualizado 07/03/2009 - 21:17 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

O 1 de marzo foi un día histórico. Por iso, as numerosas análises que se están a facer do ocorrido nas urnas galegas –que devolveron o poder ao PP e castigaron ao bipartito de socialistas e nacionalistas– unicamente son a vangarda dunha reflexión que durará anos, cando non lustros. E xusto ese longo prazo é  o que desvela que o veredicto das votacións afonda as súas raíces en terreos que superan o político para entrar no sociolóxico. Porque, seguramente, o segundo é máis decisivo que o primeiro en términos electorais. E se alguén semella que soubo ler en beneficio propio os cambios sociais de Galicia foi o PP. Por iso tamén gañou, entre outras razóns.
O voto urbano centrado en Vigo e A Coruña decantou as eleccións. O bipartito perdeu milleiros de sufraxios no eixe dunha AP-9 que mantén a peaxe e dende a que aínda é visible o esqueleto avanzado da Cidade da Cultura que ideou Manuel Fraga. Aí hai argumentos para explicar a derrota, pero o núcleo está nos puntos metropolitanos. Convencidos –talvez por certo illamento elitista– de que o método directo para manter o poder residía en simplemente limpar e adaptar o fraguismo e así recibir os votos da súa base social, o bipartito esqueceu mergullarse e interpretar a información que se movía nas cidades. Obsesionouse cunha Galicia que perde peso e descoidou as crecidas urbes, onde callaban mensaxes complicados para PSOE e BNG e, en moitos casos, distorsionados. 
Existe un país afastado dos centros urbanos, pero nese ámbito o cambio de voto custa e precisa un esforzo que non se corresponde coa súa limitada influencia no reconto xeral. Galicia cada vez é máis cidade, incluso nas vilas medianas, idénticas en certos hábitos aos barrios periféricos. E mentres o bipartito ía ao seu, as urbes saturábanse de información vírica que florece en moitos cidadáns sen pasar polos filtros propios do territorio. Sen que ninguén respondera nese nivel e aproveitando as pontes douradas de certos medios e unha falta de didáctica política da que tamén é culpable a esquerda, o PP avanzaba. Fíxoo falando de crise, de Goberno dividido –incluso  rizando o rizo e acusando aos rivais de non cambiar nada respecto a eles mesmos– e utilizando ideas de fácil difusión e curta mirada, como a da suposta imposición lingüística. Todo iso chegou. E a dereita mobilizouse, porque nas cidades e especialmente nalgúns sectores mozos, xa é vista como algo subversivo, que defende a súa nova –artificial?– identidade, sae á rúa utilizando palabras como “libertad” ou “igualdad” e non se frea na corrección senón que ataca sen piedade, ás veces nin ética. Contra iso, o bipartito centrouse en explicar a xestión –aceptable e prometedora– cando tiña a tarefa de desenmascarar. Non se adaptou ao novo ámbito.  O PP si. E recuperou a Xunta. Agora, o seu acerto, a evolución da esquerda e o pulso das cidades decidirá ata cando.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.