Xerais aposta por unha novela

A achega de Xerais á celebración do Día das Letras Galegas é inusual este ano.
Xornal de Galicia Actualizado 21/03/2009 - 21:51 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

A diferenza do que acontecera en 2008 con Xosé María Álvarez Blázquez, ao que se lle dedicaron moitos títulos na editora que dirixe Manuel Bragado, dende reedicións a homenaxes e estudos críticos, o autor celebrado só protagonizará desta volta dous volumes. O primeiro, Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982), xa en circulación, é un manual histórico do profesor Xosé Ramón Rodríguez Polo publicado na colección Universitaria. O segundo, que sairá do prelo nas vindeiras dúas semanas, é curiosamente un título de ficción. O escritor Daniel Ameixeiro (O Grove, 1962), enxeñeiro de Telecomunicións residente en Madrid dende 1982, asume o risco de narrar en primeira persoa, tomando emprestada a súa propia voz, algúns dos episodios máis importantes da biografía do galeguista. Ramón Piñeiro, os días ocultos resulta ser finalmente unha tentativa arriscada –e incómoda– de se achegar a unha figura como a do autor de Filosofía da saudade, diante da que tantos investigadores optan pola prudencia. Ameixeiro, que ten tamén algún título publicado en castelán, foi finalista do Premio Merlín 2003 con Xan e Pericán (Xerais, 2004) e ten publicados tamén os seguintes títulos no eido da narrativa para nenas e mozos: Bonifacio foi a palacio (Xerais, 1999), Piratas, bruxas e outros amigos (Galaxia, 2007), O capitán da baía (Rodeira, 2005) e Vila Cerdeira (Everest, 2005). Até aí chega a contribución de Xerais á celebración dun personaxe tan ligado por outra banda ao mundo da edición, como fundador de Galaxia nos anos cincuenta e animador de outras tentativas no mundo do papel impreso.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Grazas, Cristina
NÓS / Xornal de Galicia
2009-03-14 19:02:20
Toda a razón. Pedimos desculpas e corriximos o erro. Un saúdo.
2
Unha corrección
Cristina
2009-03-13 12:30:03
O Nome do autor do libro é Daniel.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.