Quintana: "Faltounos cultura de coalición"

O líder do BNG asegura que de Touriño "quedo co recordo dunha experiencia de goberno positiva para Galiza”.
J.L.G. 19/03/2009 - 01:42 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 voto/s

Con que sensación persoal quedou despois de gobernar este país e de perder as eleccións estando no poder?
Primeiro coa de gobernar, que é para min unha sensación moi positiva, porque creo que fixemos cousas grandes, moi importantes. Deume a posibilidade de colaborar con xente marabillosa, entregada ao país, con capacidade profesional, e creo que fixemos unha gran contribución a Galiza. Perder nunca é doce, e sobre todo perder cando se consideraba –ou consideramos– que tiñamos argumentos suficientes para gañar, pero hai que aceptalo democraticamente. O pobo decidiu, o pobo sempre é sabio, e dende a oposición tamén se poden prestar servizos moi importantes ao noso país.

E da relación co presidente Touriño, con que recordo se queda agora?

Pois co recordo dunha experiencia de goberno positiva para Galiza. Eu agora lamento que non foramos capaces de promover, conxuntamente, esa cultura de coalición que era tan necesaria. Tamén, que non foramos capaces de crear o espazo propio do Partido Socialista e do BNG, un espazo conxunto que permitise afianzar a alternativa do goberno en Galicia. Pero en xeral voume cunha sensación positiva. Foi unha honra poder servir nun goberno coma este.

E ao fío desta cuestión ou de calquera outra, hai algo que nestes case catro anos de goberno non dixera pero que lle apeteza dicir agora?

Non. Hai moitas cousas que non dixen porque pensei que era inconvinte facelo e que as vou a seguir sen dicir porque creo que a miña participación na política e no goberno ten que estar ao servizo do país en primeiro lugar e ao servizo dun proxecto político, que é o do BNG, en segundo termo, e aínda teño responsabilidades tanto no Goberno como no BNG.


Quere dicir que haberá que agardar a outra nova entrevista cando non teña ningunha responsabilidade?
O que eu poida trasladar respecto de cousas do Goberno que non me gustaron queda tremendamente minimizado polo sentido positivo do propio Goberno… Non lle vou dar munición ao PP na súa estratexia de inhabilitar a alternativa futura. Comigo para iso que non conten. No BNG temos moitas cousas que dicir, como é lóxico: hai cousas que me gustan e outras que non me gustan tanto, e actitudes persoais que me gustan, e outras que non me gustan nada, pero eu tiven sempre unha pauta de conduta no BNG: nunca, nunca se poderá atopar unha palabra miña dita en público en contra, ou crítica incluso con algún compañeiro do BNG, e vou seguir así porque creo que fai falla que os dirixentes do BNG falen ben do BNG e dos seus nove mil militantes, que traballan todos os días polo seu proxecto político

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Non estou de acordo
Eu
2009-03-13 10:01:22
O BNG cumpriu a súa metade do acordo, foi o PSOE quen non só non fixo nada nas súas áreas, senón que torpedeou o que puido e votou en Madrid sempre o contrario que en Santiago. Así non é de estrañar que se transmita imaxe de desgoberno. E, por suposto, non se pode un lanzar a tocar intereses económicos tan poderosos sen unha mínima cobertura mediática. O plano eólico e as normas do hábitat foron o que provocaron a brutal reacción de La Coz e doutros medios.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.