O desquite das bonecas Blythe

A fotógrafa Gina Garan recuperou este xoguete que aterraba aos nenos
Natalia Arias / A Coruña Actualizado 20/03/2009 - 17:31 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

De testa sobredimensionada e mirada expresiva, as Blythe quixeron facer competencia nos Estados Unidos á vaidosa Barbie, pero morreron no intento. Foron lanzadas no 72, a partir dos deseños de Margaret Keane, e só resistiron un ano no mercado.
Os comerciais apelaban á capacidade da boneca para cambiar a cor de ollos, de laranxa a rosa, e para mirar de esguello grazas a un interruptor situado nas súas costas, pero non convenceron ás nenas americanas, que saían correndo espavoridas.
Durante anos,as bonecas sobreviviron en armarios, caixóns e círculos de amantes do coleccionismo de obxectos curiosos. Foi a era Vintage Blythe, termo inglés de orixe agrícola, empregado para definir algo que, sendo vello, ten unha procedencia respectada e é considerado como algo clásico e con calidade.
Porén, o gran rexurdimento destas bonecas veu con Gina Garan, que recibíu unha Kenner Blythe orixinal en 1997 e comezou a utilizala como modelo para mellorar as súas habilidades fotográficas. Acompañouna en todas as súas viaxes, ata que no  2002 publicou This is  Blythe. Nese momento, aquela boneca desbotada polo público infantil foi descuberta como referente artístico e pasou a lucir modelos de Issey Miyake, Chisato Tsumori e Hysteric, e a debutar en museos.
Garan tamén convenceu á empresa xaponesa Cross World Connections para lanzar as Neo Blythe, dirixidas, esta vez, a adultos por prezos moi afastados dos 1.200 euros que pode custar hoxe un modelo orixinal da boneca lanzada nos anos setenta.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.