Marissa Nadler: música de amor e pantasmas

Co panorama a tope de solistas femininas de folk místico e imaxe hippy, Marissa Nadler decatouse hai anos de que tiña que buscar ideas menos malladas.
Carlos Barreiro / Madrid Actualizado 21/03/2009 - 03:01 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

Con Songs III: Birds On The Water (Peacefrog, 2007), o seu terceiro álbum, comezou a incorporar novos elementos ao seu universo creativo. A produción de Greg Weeks e as achegas instrumentais dalgúns dos compoñentes de Espers –Helena Espvall e Otto Hauser– fixeron máis denso o seu singular sonido brumoso e planeador. A cantautora norteamericana tiña por fin un disco ben perfilado, no que non se vían as costuras e a súas historias de morte, romanticismo e traxedias soaban estremecedoras. Pero aínda que era o seu traballo máis profesional, os arranxos de Weeks e a súa troupe foron un lastre que a aliñaba dentro da escea folk da que quería fuxir e quitábanlle algo de personalidade. Faltaba unha volta para chegar a ese punto que buscaba, a ese dream pop sustentado fundamentalmente pola guitarra acústica e a voz. Máis preto de Linda Draper que de Joanna Newsom. En Little Hells (Kemado, 2009) alcánzao. Na primeira escoita o arrinque de Heart Paper Lover cun órgano Hammond leva a pensar que non cambiou moito na súa música; podería estar en calqueira dos discos anteriores. Pero a medida que pasan os minutos sorprende atoparse con cancións nas que o ritmo é protagonista (“Mary Come Alive”, “River Of Dirt”) e moito máis espidas, sen tantas voces dobladas e efectos (“Little Hells”, “Ghosts And Lovers”). Seguen as personaxes femininas (“Rosary”), a pantasma de Sylvia Plath danzando nas letras (“The Hole Is Wide”) e as pinzadas ás cordas da guitarra en troques de rasgueo. Pero esta é a Marissa Nadler que só se parece a Marissa Nadler, a que van deixar de comparar con outros artistas. Atención a súa interpretación en “Ghosts And Lovers”, cunha voz sensual e tremente que derrete o ferro. Antolóxico. Só por esa canción merece a pena achegarse a este disco. Aínda que o resto de temas non desmerecen, garantizado.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.