Os libros de Kalandraka conquistan Italia

O álbum titulado Cerca, de Natalia Colombo e editado por Kalandraka, vén de ser galardoado co II Premio delle Palme de Literatura Infantil
Xornal de Galicia Actualizado 26/03/2009 - 04:11 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O álbum titulado Cerca, de Natalia Colombo e editado por Kalandraka, vén de ser galardoado co II Premio delle Palme de Literatura Infantil. A editorial galega recollerá esta distinción o vindeiro 4 de abril na Biblioteca Juan XXIII da cidade de San Vito dei Normanni, situada na rexión de Apulia. O galardón, organizado polo departamento de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Salento, a área de Educación da Provincia de Brindisi e o municipio apuliés, enmárcase na Primavera do Libro, unhas xornadas sobre edición infantil e xuvenil que comezan o 1 de abril.


Durante a mostra, Kalandraka manterá un encontro con público infantil para presentar Vicini, a versión italiana de Cerca, obra que xa fora galardoada co I Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado pola editorial e o Concello de Santiago. Precisamente, ambas entidades darán a coñecer a obra gañadora da segunda edición do certame o próximo día 2, coincidindo co Día do Libro Infantil e Xuvenil.


Así, o vindeiro luns celebrarase a presentación titulada Un horizonte cheo de proxectos, para dar a coñecer o proxecto editorial da empresa galega en Italia, co suxestivo lema Libri per Sognare. O catálogo de Kalandraka en Italia consta xa de 20 títulos, entre os que destacan o recén premiado Vicini e a tradución de Orellas de bolboreta, de Luisa Aguilar e André Neves, que no mesmo país foi finalista do IV Premio Nacional Città di Bella 2008.


Por outra banda, o selo Faktoría K vai compartir stand con Kalandraka nesta feira especializada, na que presentará por primeira vez o poemario titulado El secreto del oso hormiguero, de Beatriz Osés e Miguel Ángel Díez; obra galardoada co I Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Nenos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.