From Unknown to Unknown (Do descoñecido ao descoñecido) sae ao mercado da man da editorial búlgara Small Stations Cross, traducida por Jonathan Dunne ao inglés.
Deste xeito, o galego Manuel Rivas suma unha publicación máis na lingua vernácula, logo de ter visto cos anos varias obras súas pasadas ao idioma de Shakespeare, entre as que se contan as novelas O lápis do carpinteiro, En salvaxe compañía ou A leiteira de Vermeer e outras historias.
En palabras do seu tradutor, Do descoñecido ao descoñecido conta “cunha condensada e extremadamente poética introdución do escritor escocés John Burnside –autor de The Asylum Dance e Glister–”.
Salienta tamén a calidade desta edición, que inclúe un total de 80 poemas escritos polo xornalista coruñés entre os anos 1980 e 2003, que foron seleccionados expresamente para o presente volume por Dunne.
A editorial, con base en Sofía, que publica tanto en inglés coma en búlgaro, pensa sacar en Outono unha nova tradución á súa lingua de O lápis do carpinteiro, a obra máis exitosa de Manuel Rivas.

